Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2017

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".

Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual. (http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/historia)

Así seguindo o que os intelectuais daquel tempo propuxeron, este ano o homenaxeado e Carlos Casares.

preme na imaxe para coñecer a súa biografía

 

As nosas vidas están cheas de anécdotas, e a de Carlos Casares, non ía ser menos. Aquí vos deixamos algunha...

  • Sabias que...Carlos Casares estivo a piques de morrer afogado e foi salvado pola súa curmá? Anos despois foi o propio Carlos Casares o que lle salvou a vida ao seu irmán de morrer afogado.
  • Sabías que...A súa nai Manolita era moi eclesiástica e por iso foi a estudar ao Seminario de Ourense?
  • Sabías que...o seu profesor de literatura animouno a escribir?
  • Sabías que...coñeceu a súa muller no tren nunha viaxe que facía a Compostela?
  • Sabías que...ao ser o seu pai mestre e ter familia en ter familiares en tres lugares de Ourense diferentes, aprendeu os nomes das árbores e de moitos paxaros de Galicia?
  • Sabías que...o que máis lle gustaba era a radio, ler, o fútbol e facer xoguetes miniatura?

As súas obras: Se queres coñecer máis sobre as súas obras preme na imaxen

 

 Aquí vos deixamos recursos para poder traballar o autor homenaxeado este 2017

http://primaveradasletras.gal/

 

 Decirvos tamén que a biblioteca municipal de Padrón conta cunha actividade gratuita para festexar o Día das letras Galegas 2017.

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADES-INFANTIL.pdf4.41 MB


page | by Dr. Radut