Skip to Content

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Queremos dar importancia este ano a todas aquelas mulleres pintoras, artistas que tiveron que loitar para que a súa obra fose coñecida nun mundo, a pintura, onde os homes eran os protagonistas. Cando a miúdo pensamos no papel que ocupou a figura feminina dentro do mundo da arte este queda restrinxido a aspectos moi pasivos: musas, modelos? O certo é que ao longo da historia moitas mulleres desenvolveron importantes actividades dentro das artes plásticas pero desafortunadamente estas quedaron relegadas en prol dos grandes artistas masculinos. Hoxe sabemos que algunhas das obras atribuídas a pintores ou escultores homes foron en realidade feitas por mulleres o cal demostra que a pesar de todo, non hai unha gran diferenza entre a arte realizada por uns ou outros.

Por iso coñeceremos a obra de Maruja Mallo. Pintora galega.

 

Ana María Gómez González, nome real de Maruja Mallo, naceu en Viveiro (Lugo) o 5 de xaneiro do 1902. Foi a cuarta filla do matrimonio formado por Justo Gómez Mallo, funcionario de aduanas, e María del Pilar González.Logo de pasar a súa infancia entre Galicia e Asturias, no 1922 trasládase definitivamente coa súa familia a Madrid. Alí estuda Belas Artes na Academia de San Fernando, ao igual que o seu irmán Cristino, coincidindo nesta escola con Dalí, con quen tivo moi boa relación.

Poucos saben que a soberbia triloxía formada por LorcaBuñuel Dalí, de sobra coñecida por todos, foi en realidade un cuarteto. Quen era esa cuarta figura, estrañamente silenciada pola historia? Por que foi relegado ao esquecemento o seu nome? Maruja Mallo foi, sen lugar a dúbidas, unha pintora xenial, á que unha suma de adversidades históricas e prexuízos sociais negaron de xeito insólito o recoñecemento que merece.

 

 



page | by Dr. Radut