Skip to Content

blogue deadmin

TRABALLAMOS POLA INTEGRACIÓN (2º PARTE)

 Aquí vos vai un pequeno resumo do que traballamos no primeiro trimestre e na propia Semana da Integración ademais da panxoliña. CLICA AQUÍ  e poderás velo.

Traballamos pola integración (I parte)

Este curso estamos tentando que os nenos/as de todo o centro participen activamente na INTEGRACIÓN de todas as persoas que forman parte da sociedade, independientemente das súas características persoais . Por este motivo levamos a cabo actividades que iremos vendo. Como adianto deste traballo, dirémosvos que achegámonos un pouquiño á aprendizaxe da lingua de signos, lingua que empregan moitas persoas xordas. Como mostra desta aprendizaxe aquí vos amosamos unha panxoliña en lingua de signos interpretada por nenos/as de infantil e primaria, así como o profesorado do centro. ¡¡¡Xa veredes canto aprendemos!!

Clica nesta televisiónpanxoliña lingua de signos e mira atentamente o vídeo

"

Situación xeográfica do CEIP Flavia


Ver mapa más grande

 

Enderezo: Rúa do Carme s/n

15900 Padrón

Teléfono e fax: 881 86 62 45

Enderezo electrónico: ceip.flavia@edu.xunta.es

 

O CEIP Flavia está ubicado no concello de Padrón, o cal xeográficamente atópase nas orillas do río Sar (afluente do Ulla) no sur da provincia da Coruña e lindando coa provincia de Pontevedra. A súa poboación é de 9.030 habitantes e a súa superficie de 48,37 km2. Está dividido en 5 parroquias das cales veñen os alumnos/as deste centro:   Carcacía, Cruces, Herbón, Iria Flavia e Padrón. Concretando máis, o noso centro está situado ao Norte de Padrón, cruzando a ponte romana na estrada que conduce á aldea de Lestrove.

Ver fotos da contorna do CEIP FLAVIA

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut