Campaña de recollida de alimentos
O xoves 8 de novembro os alumnos/as IES Camilo José Cela en Padrón viñeron a informarnos sobre unha campaña de recollida de alimentos que se desenvolverá ao longo do curso, para aquelas familias que queiran colaborar de xeito voluntario. A Fundación Amigos de Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro, será a encargada de repartir estes alimentos entre as persoas e/ou familias que máis o necesitan. Durante este mes de novembro os alimentos que se recollerán serán GALLETAS e CACAO.