Skip to Content

Novas

Proceso de admisión do alumnado para o curso 2020-2021

Calendario do proceso de admisión para o curso 2020-2021.

 

A TVG visita o noso centro

A TVG está moi interesado polo que os nenos/as do Flavia teñen que dicir. É por iso, que hoxe estiveron gravando a algúns dos nosos alumnos/as para posteriormente, retransmitilo no programa Fun polo aire. En canto saibamos a data informaremos!!!

Panxoliñas en varios idiomas

Durante algúns días estivemos traballando varias panxoliñas no noso centro e posteriormente estivemos filmándoas para que tamén desde a casa as poidades ver e cantar con nós. BO NADAL!!!

 

 

Visita dos Reis Magos ao Flavia

O xoves 19 de decembro tivemos a sorte de que os Reis Magos fixeran oco na súa apretada axenda e visitaran o noso centro.

Celebramos o Aniversario de EF

O 24 de outubro é o aniversario de EF e, por iso cantámoslle para felicitalo nas tres linguas que coñecemos: galego, castelán e inglés.

Posteriormente EF agasallounos cunha mesa de luz!!!

Moitos parabéns, EF

 

Xogos populares

Durante esta semana tivemos a sorte de contar con voluntarios do concello que nos estiveron dando a coñecer os xogos populares. Pasámolo fenomenal!!!

Charla sobre a educación afectivo-sexual dirixido ao alumnado

Durante esta segunda semana de outubro, a psicóloga e sexóloga Belén Montesa está impartindo obradoiros ao alumnado do centro.

 

Semana para recordar os efectos do cambio climático

O vindeiro 23 de setembro, as Nacións Unidas organiza unha Cumbre sobre a acción climática. Por ese motivo, desde o noso centro traballaremos  durante esa semana o tema do cambio climático, tendo moi presente a figura de Greta Thunberg, unha rapaza sueca  moi mediática por encabezar unha folga que lle chamou "Fridays for Future" contra o cambioclimático. No  blog da nosa biblioteca podes atopar mais información.

Clica na foto para escoitar a Greta T. ante as nacións unidas

Reunión inicio de curso

A continuación informámosvos acerca  das datas e o horario das reunións dirixidas aos pais do alumnado do noso centro.

Martes 24 de setembro:

Educación Infantil: De 16,00 a 16,45 horas.

Educación Primaria (1º e 2º): 16,45 a 17,30 horas.  

 

Martes 1 de outubro:

3º e 4º de Educación Primaria: De 16,00 a 16,45 horas.

5º e 6º de Educación Primaria: De 16,45 a 17,30 horas.

 

 

Autorizacións para o centro educativo e o transporte escolar

Xa podedes descargarvos as autorizacións  necesarias para que o alumnado poida saír só ou ser recollido por outra persoa, así como para que vaian sós desde a parada de autobús ou para que sexan recollidos por outras persoa na parada.

Para descargalos podedes ir ao apartado de Documentos (barra lateral esquerda) ou premede aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut