Skip to Content

Novas

Cambio de horario no transporte do martes (despois do comedor)

Queremos informar que a saída do transporte escolar do martes durante o presente curso 2019/20 adiántase ás 16:15 horas. Por este feito, as familias poderán recoller ao alumnado non transportado xusto despois da saída dos autobuses.

Unha asociación de Conxo agasállanos cun microscopio

O domingo 1 de setembro unha asociación de Conxo que leva peregrinando a Padrón e, especialmente ao Santuario da Escravitude, agasallounos cun microscopio. Moitas grazas.

Horario do primeiro día de clase

O vindeiro mércores 11 de setembro comezan as clases. O horario para ese primeiro día é o seguinte:

 

Educación Infantil (4 e 5 anos): Comezarán ás 10,30 e a saída será ás 12,30. (O alumnado de 3 anos terá o horario correspondente ao período de adaptación).

 

Educación Primaria: Comezan ás 10,00 e sairán ás 12,30.

Reunión coa titora de 3 anos para o período de adaptación. Curso 2019/20

O venres 6 de setembro ás 10 da mañá  terá lugar unha reunión coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) para concretar aspectos do período de adaptación. 

Libros de texto para o curso 2019/20

Para o alumnado de Primaria: consultade nos arquivos adxuntos para saber os libros de texto que se necesitarán para o  curso 2019/20. En canto ao material de música: o libro do curso correspondente recollerase en Gráficas Padrón A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria deben traer tamén a frauta. (Enderezo: Gráficas Padrón: Rúa Real nº 28).

Para o alumnado de Infantil: na reunión que haberá en setembro informarásevos do material que se precisará durante o curso.

Libros e xogos recomendados dende a biblioteca para o verán

Dende a biblioteca fanse unhas recomendacións da libros interesantes para ler  este verán.

O alumnado de Infantil sae de excursión

O martes 18 de xuño o alumnado de infantil foi de excursión á Casa do queixo en Sobrado dos Monxes. 

Un alumno de infantil gaña o concurso de debuxo «desde mi ventana»

Un alumno de infantil do Ceip Flavia gaña o concurso de debuxo «desde mi ventana» que trata o tema do Medio Ambiente. Moitas felicidades!!!

Nota Informativa acerca dos libros de texto 2019/20

No arquivo adxunto podedes consultar información relativa aos libros de texto e as datas ás que debedes prestar atención (fondos de libros, solicitudes de libros, ...). Algo importante que hai que resaltar é que "todo o alumnado que no curso 2019-2020 estea nos niveis de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, o centro facilitaralles TODOS OS LIBROS DE TEXTO, agás os cadernos de actividades".

 

 

 

Contacontos no Flavia

O 29 de maio estivo un contacontos no noso centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut