Skip to Content

CHARLA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS: 7 DE NOVEMBRO

 

  Estimadas familias: Os vindeiro luns 7 de novembro ás 16:30 terá lugar no colexio unha charla informativa sobre o uso saudable das TRICS dirixida aos responsables do alumnado. 

  Nela recibiremos información sobre o uso saudable das TRICS (Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación), é dicir, como podemos acompañar aos menores no uso destas tecnoloxías (Internet, redes sociais, etc.).

  É un tema que adoita ser motivo de discusión cos fillos/as e que foi elixido nos anteriores encontros coas familias do colexio como unha das inquietudes comúns sobre a que sería desexable recibir formación, debatir e traballar nas casas.

 Podedes ler un artigo publicado por Nahiara Burgos na web Educación 3.0 clicando neste enlace:

https://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/tric/

  Esta actividade, xunto con outras das que xa vos iremos informando, están promovidas pola Secretaría Xeral da Igualdade; o proxecto foi solicitado e tramitado pola ANPA do noso Centro e serán impartidas por persoas especialistas na materia, o equipo de Belén Montesa. 

Desexando vervos polo colexio, e que sexa moi proveitoso este encontro!

A Dirección

 

 

 

 



page | by Dr. Radut