Debuxos contra a violencia de xénero
O noso centro, xunto cos outros centros escolares do concello, participa na segunda convocatoria do Certame de debuxos con motivo do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. É organizado polo CIM Terras de Iria (Concellería de Muller e Igualdade de Padrón) co obxectivo de sensibilizar á poboación escolar e promover o cambio dos comportamentos, as actitudes, as normas e os valores que permiten a perpetuación da desigualdade estrutural de mulleres e homes.
No documento adxunto podedes ver a convocatoria e bases do mesmo.
Un saúdo