Skip to Content

Ed. infantil

En Infantil imos ver o contacontos de Inacio Vilariño

Onte foron os alumnos de primaria e hoxe, 30 de outubro, fumos nós.

Inacio estivo despois do recreo contándonos novos e maravillosos contos que descoñeciamos. Gustóunos moito a personaxe do burro e a canción.

PODEMOS VER MÁIS IMAXES DA GALERÍA SE PREMEMOS NA FOTO

Convocatoria reunión pais/nais 4º Ed. Infantil: periodo adaptación 2012/13

Convocamos para o próximo xoves día 6 de setembro, na biblioteca do centro, ás familias do alumnado de 4º de Ed. Infantil, na que as titoras destes dous cursos (4ºA e B) informarán sobre o desenvolvemento do periodo de adaptación.

Dirección e  coordinación de ciclo estarán presentes na reunión para aclarar calquera cuestión referente ao funcionamento xeral do centro ou do ciclo.

Entroido Ed. Infantil

sentímolo, flash non está dispoñible.

Educación Infantil - Plan de adaptación 2011/12

Convócase a todas as familias do alumnado de 4º educación infantil (3 anos) para unha reunión informativa na que as titoras de ditos cursos presentarán o plan de adaptación a desenvolver no mes de setembro.

Portas Abertas ás Escolas Unitarias

O pasado día 24 de maio visitaron o colexio mestras e alumnos/as das Escolas Unitarias de Os Ánxeles, Sabaxáns e Bastavales. Xunto cos nenos e nenas de 5 anos e os seus mestres fixemos un xogo de presentación para coñecernos mellor na aula de psicomotricidade de Educación Infantil. Despois acompañamos os nosos convidados á biblioteca do centro onde Belén, a encargada, nos presentou a Lupiña, a mascota da biblioteca, nos explicou todo o que hai nela, nos puxo uns debuxos e, para rematar, unha nena de primaria nos contou un conto. Despois visitamos algunha das aulas de primeiro que serán as aulas dos nenos/as de 5 anos o ano que ven. Fomos a lavar as mans e merendar para despois xogar no patio de infantil durante o recreo. Despois fomos coñecer a sala de ordenadores, onde os nenos/as da escola mostraron ós das unitarias o manexo de algún dos programas de ordenador que usamos aquí. Máis tarde estivemos na aula de música e finalmente lavamos as mans de novo para ir ó comedor, non sen antes ler as normas de comportamento para o momento de xantar.

Na galería de imaxes da web tedes algunhas fotos dos mellores momentos desta visita. Podedes facer clic nesta foto e acceder directamente ó álbum.

Moitos saúdos!

Debuxos dos/as nenos/as de Infantil co ordenador

Estimados/as pais/nais,

Coma na vez anterior, neste 2º trimestre continuamos facendo diferentes actividades cos nenos/as de Educación Infantil relacionadas coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Entre elas as de debuxo e inicio á lecto-escritura, con programas como o Tux-Paint. Os nenos e nenas progresaron moito no manexo deste programa, como podedes comprobar vendo os seus debuxos. Podedes acceder a eles na “Galería de imaxes” da web, onde tedes dous álbums novos, un denominado “ DebuxosInfantil  PC 2º trimestree outro “Debuxos Infantil co PC Alimentos”. No primeiro hai obras libres dos/as nenos/as de debuxo e colorear. No segundo hai composicións resultado do traballo que fixemos sobre o tema dos alimentos, utilizando para elo froitas e verduras e a imaxinación e a creatividade dos/as vosos/as fillos/as.

Esperamos que vos gusten.

Podedes premer nestes debuxos para acceder ós dous álbums:

 


Guardar

Antroido 2010/11 - Infantil

sentímolo, flash non está dispoñible.

Frederick de Leo Lionni (6ºA infantil)

Adaptación do conto Frederick de Leo Lionni feita polo alumnado de 6ºA de Infantil

sentímolo, flash non está dispoñible.

Debuxos no ordenador dos/as nenos/as de Infantil

Durante este trimestre estivemos facendo diferentes actividades cos nenos/as de Educación Infantil relacionadas coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Podemos dividir en tres os tipos de actividades, as realizadas na aula (como recuncho) e as que teñen lugar na sala de ordenadores (todo o grupo) ou ca pizarra dixital (en pequenos grupos ou o grupo enteiro) na sala de psicomotricidade ou na biblioteca. As actividades principais que se realizan nos ordenadores son as de manexo do rato (cos diferentes programas e software), debuxo e inicio á lecto-escritura, con programas como o Tux-Paint. Precisamente con este programa (de software libre e descargado de internet) os nenos/as fixeron diversos debuxos ó longo do trimestre, que agora podedes ver na web da escola e na galería de imaxes, onde tedes un álbum con algúns dos debuxos feitos co ordenador polos nenos e nenas de Educación Infantil (tamén os de 3 anos). Esperamos que vos gusten.

Premede neste debuxo para ve-los demais:

Saúdos,

Pilar Vidal

Tarxetas de Nadal feitas co ordenador

Os/as nenos e nenas de Educación Infantil de 4 e 5 anos fixeron estas tarxetas de Nadal co ordenador. Esperamos que vos gusten: 

Premede na imaxe para ir a galeria a ver as demáis.

Distribuir contido


by Dr. Radut