Skip to Content

Ed. infantil

Reunión 4º infantil: Periodo adaptación

Informamos da convocatoria de reunión coas familas de 4º de Ed. Infantil para tratar entre outras cuestións, o PERIODO DE ADAPTACIÓN e entrevista persoal.

Data: 4 de setembro de 2014

Hora: 16:30h

Lugar: Biblioteca do centro

 

Entroido 2014

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido 2014 - Ed. Infantil

sentímolo, flash non está dispoñible.

Reunión Informativa Ed. Infantil

Familias Educación Infantil:

Informamos que o vindeiro luns, 3 de febreiro, ás 16:30h. faremos unha reunión en E. Infantil.

Cada titor/a reunirase cos pais/nais da súa titoría e na aula correspondente para tratar de:

  • Cuestións puntuais de cada titoría.
  • Avisos xerais.
  • Celebración do antroido e elaboración de disfraces.

Agardamos a súa presenza.

Un saúdo

Equipa de Infantil

VISITA Á EXPOSICIÓN DO ORINOCO

O alumnado de infantil visitou hoxe 10 de xaneiro á Cidade da Cultura de Santiago, todo elo coa intención de ver á exposición do Orinoco, que alí tiña lugar.

Grazas a ela descubrimos un mundo novo que non tiña nada que ver co noso, e orixinou en nós unha grande inquedanza por coñecer máis dese "novo mundo" e de outros moitos lugares e culturas.

OBRADOIROS DE NADAL EN INFANTIL

O alumnado de Infantil participou o 20 de xaneiro para celebrar o Nadal os seguintes obradoiros:

 

 TOSTADAS DE NADAL  POSTAIS

 

 

PAUCIÑOS DE PAN DE NADAL  PANXOLIÑAS DO MUNDO

 

 

COCADAS E TRUFAS ADORNOS DE ÁRBORE DE NADAL

Videoconferencia con Laponia

Dentro do amplo programa de actividades que nestes momentos ten Papá Noel, tivo un oco para falar cos nenos e nenas de Infantil de Pedrouzos.

Os rapaces puideron velo por videoconferencia  e transmitirlle cales son os seus desexos para este Nadal. Papá Noel díxolles que xa está todo preparado para que a noite do día 24 todos os nenos e nenas reciban un pequeno agasallo.

Grazas Papa Noel por atendernos nestes días tan atarefados para ti!

Ver fotos

Iglú e castelo

Xa rematamos a construción do iglú e do castelo cos tetra-bricks. Aquí vos mostramos algunhas fotos do proceso de construción e dos primeiros usos nas clases de psicomotricidade. Facede click nas imaxes para ir a galería e ver máis fotos:

DEGUSTACIÓN DE FROITAS DE OUTONO EN INFANTIL

Hoxe 30 de Outubro, os nenos e nenas de Infantil fumos á biblioteca a escoitar contos de medo polo Samaín.

 

Mentras nós pasabámolo en grande, os nosos e as nosas profes ademais de coidarnos preparáronnos unha fantástica merenda na que degustamos froitos típicos do outono e produtos elaborados con eles.

 

Pero antes de saborealas, observámolas e ulímolas, repasamos os seus nomes e clasificámolas en FROITOS CARNOSOS, FROITOS SECOS E FROITOS DESECADOS.

Foi unha GRAN MERENDA e un GRAN DÍA!!

SE PREMEDES NAS IMAXES PODEREDES VER MÁIS FOTOS NA GALERÍA

Un conto de medo polo Samaín

O alumnado de Educación Infantil acudiu o 30 de outubro á Biblioteca ao visionado dun conto de medo: A Bruxa Regañadentes de OQO Editora.

 

Posteriormente, a profe Susana abriu a MALETA DOS LIBROS e contou o conto de: A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut