Estimados/as pais/nais,
Coma na vez anterior, neste 2º trimestre continuamos facendo diferentes actividades cos nenos/as de Educación Infantil relacionadas coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Entre elas as de debuxo e inicio á lecto-escritura, con programas como o Tux-Paint. Os nenos e nenas progresaron moito no manexo deste programa, como podedes comprobar vendo os seus debuxos. Podedes acceder a eles na “Galería de imaxes” da web, onde tedes dous álbums novos, un denominado “ DebuxosInfantil PC 2º trimestre”e outro “Debuxos Infantil co PC Alimentos”. No primeiro hai obras libres dos/as nenos/as de debuxo e colorear. No segundo hai composicións resultado do traballo que fixemos sobre o tema dos alimentos, utilizando para elo froitas e verduras e a imaxinación e a creatividade dos/as vosos/as fillos/as.
Esperamos que vos gusten.
Podedes premer nestes debuxos para acceder ós dous álbums: