Biblioteca

Crea os teus contos!!

Queres crear o teu propio conto? Preme aquí e deixa voar a túa imaxinación!!!

A Formiga e a Pomba

En educación infantil traballamos a paz tamén con contos, entre eles este da fábula a Formiga e a Pomba" que vós mesmos podedes colorear premendo no arquivo adxunto.

Nadal 2012

Este Nadal mergullámonos no mundo dos contos!!

Preme aquí para ver algunha imaxe do festival.

Graciñas, de novo, á ANPA "O Formento" por traernos aos Reis Magos, a Papá Noel e ao Apalpador.

Nadal 2012

Pitiño Pispín

Ollade este poema de Gloria Sánchez, un Pitiño Pispín ilustrado e narrado polos nenos e as nenas da aula de 4 anos. 

Magosto 2012

Este ano foi a Carapuchiña Vermella quen nos trouxo as castañas asadas para celebrar o magosto...pero non vos preocupedes, o lobo non se deixou ver!!!

Pero non so nos adicamos a comer tamén houbo tempo para os xogos tradicionais.

Preme aquí para ver algunha imaxe.

Medo?

Personaxes dos contos de medo viñéronnos visitar estos días ao cole porque o vindeiro martes imos celebrar o Samaín ou Halloween.

Medo, sorpresa, misterio, risa???,...esta foi a cara que lles quedou aos máis pequenos. Preme aquí e descubrirás o que viron.


Contando contos, contamos contigo.

Contamos contos, contamos contigo.

Este é o tema do que imos falar durante este curso na Biblioteca e, como non, en todo o cole.

Contamos contos de medo, contos tradicionais, fábulas, historias de misterio,...contamos contigo??

Festival Fin de Curso 2012

Mirade que ben o pasamos no Festival de Fin de Curso, no que non quedou ninguén sen bailar e cantar!!!

Tamén se entregaron os merecidos premios aos nosos deportitas, que participaron nos XV Xogos de Primavera.

Preme aquí para ver o Festival en imaxes

Festival Fin de Curso 2012

Xosé Neira Vilas

Este curso veu visitarnos ao cole o escritor Xosé Neira Vilas. Os nenos e as nenas de 2º ciclo de Primaria estiveron encantados de poder escoitalo e compartir con el uns momentos para falar da súa obra e as súas experiencias. Preme aquí para ver algunha imaxe.

Anxo Fariña

Esta semana estivo con nós Anxo Fariña, preme aquí e descubrirás o que aconteceu!!


Powered by Drupal - Design by artinet