Bo día, esta semana comezaremos vendo un video dunha orquestra moi animada, fixádevos ben nos instrumentos musicais que aparecen e pensade a que familia pertencen. Identificades algunha canción? Xa me contaredes.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=4kpBW22_6Nw&feature=emb_logo
Vos mando no arquivo adxunto unha ficha onde teredes que ordenar as letras para formar instrumentos musicais e debaixo poñer a que familia pertencen.
Seguimos cunha actividade para repasar o compás de 3/4.
Na branca, imos cambiar to-e por ta-a e acordádevos de que o punto( puntillo) engade á figura que acompaña a metade da súa duración polo que, por exemplo, unha branca con punto dura tres pulsos ( 2 + 1).
Faremos o ritmo con palmas ao mesmo tempo que dicimos as sílabas rítmicas.
https://www.youtube.com/watch?v=MtEkC454tJI
E, para rematar aquí tedes un pasapalabra musical, vos animades a facelo?
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/3252797-pasapalabra_musical.html
Unha aperta moi grande para todos e todas.
5º e 6º nivel de Primaria
ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
DÍA DO LIBRO_RESEÑAS ALUMNADO DE 6ºB
Hoxe 23 de abril, Día do Libro, o cole queda na distancia, pero isto non vai ser un obstáculo para festexar esta data. O alumnado de 6ºB quixo aportar o seu grao de area para conmemorar un día tan importante para nós.
Os libros axúdannos nestes días de confinamento a saír ao exterior, a viaxar, a chorar, a rir, a querernos máis, a reflexionar... E tamén, a enfrontar con optimismo e serenidade o que temos diante...
Desexamos que desfrutedes vendo estas reseñas que fixeron con tanto agarimo!
.
ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Bo día, rapaces e rapazas. Esta semana vos propoño as seguintes actividades de música.
Este video servirá para repasar a clasificación de instrumentos musicais por familias:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=28&v=vPwCUFQJyq0&feature=emb_logo
Aquí podedes facer un repaso do nome das notas:
http://moodle.donostiaeskola.org/doremi/2018/01/23/los-nombres-de-las-notas-i/
A seguinte actividade consiste en marcar o compás de 3/4 con pelotas de tenis pero, se non as tedes, podedes facer o xesto igualmente ou simplemente percutindo coa man ou lápis sobre a mesa, o importante é marcar tres tempos, destacando o primeiro sobre os demais. Na clase xa fixeramos unha actividade parecida para marcar o 4/4, vos acordades?
https://www.youtube.com/watch?v=PcyYTcIsGB4
E, por último, unha canción para mandarvos moitos ánimos!! https://www.youtube.com/watch?v=MCwYOsOCUgg
Se queredes poñervos en contacto comigo aquí tedes o meu email: musicaceiparzua@gmail.com
Unha aperta moi grande!
QUE NOS DI ESTE TEXTO?
O alumnado de 6ºB intentou plasmar nun debuxo os datos da descrición deste texto e quedáronlle unhas composicións moi bonitas.
COVID QUE TE VIN!
Good morning, bo día, nenos e nenas! Hoxe toca bailar e cantar para levar ben o encerro no que nos ten este COVID..! Uns/has amig@s profes fan cada ano a Convivencia de Infantil CHOLO E NELA cos coles da comarca de Valdeorras e, cada ano, compoñen unha canción para cantar tod@s xuntas.
CHOLO E NELA "COVID QUE TE VIN"
"Novo vídeo de Cholo e nela nesta época de confinamento. XOGA AQUÍ E FICA NA CASA. Esperamos que vós guste, a bailar e cantar con Cholo e nela!
Convivencia de Educación Infantil 2020. Escola pública de tod@s e para tod@s!"
Good morning!!
TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)
Saúdo novamente as familias e a todo o alumnado,de parte da mestra de Relixión, despois deste breve paréntese vacacional, para darvos moito ánimo nesta situación que tan complicada e incerta está sendo para todos. A espera de novas instruccións aquí vos deixo novas suxestións de traballo para o alumnado que cursa esta materia e que lle sexa posible levalo a cabo. Moi agradecida polo esforzo realizado, aquí me tedes a vosa disposición no correo electrónico relixion@arzua.net e moita paciencia para afrontar esta recta final de curso. Saúde para todo o mundo.
Para o alumnado de Relixión de 5º esta semana propóñovos averiguar o simbolismo cristián que garda a bandeira da Unión Europea. A actividade consiste en:
1.Debuxar a bandeira da Unión Europea e coloreala.
2.Contar o número de estrelas polas que está formada e escribir o que simboliza ese número desde un punto de vista relixioso e cristián(xa o estudamos pero se non vos acordades podedes buscalo en internet). Desde logo non ten nada que ver co número de países que compoñen a Unión europea(na actualidade son 27 países).
3.Para escoller a bandeira europea o Consello de Europa organizou un concurso: quen foi o gañador de aquel concurso?
4.Cando foi aprobada a nova bandeira polo Comité Ministerial?
5.Que festividade cristiá se celebraba ese día?
6.Por último busca o cadro do pintor español Diego Velázquez que amosa a Inmaculada Concepción, fíxate nel e descríbeo. Despois se te animas podes ser ti o/a artista e tentar reproducilo. Este cadro podemos velo na Galería Nacional de Londres.
Para o alumnado de Relixión de 6º propóñovos identificar parellas bíblicas usando a biblia como instrumento para obter a información sobre as personaxes bíblicas. A actividade consiste en ler as citas bíblicas do centro e localizar nelas o nome das parellas ou matrimonios de cada páxina. Se tes opción de imprimilo podes unir con líneas de distintas cores cada unha das citas coas personaxes que forman a parella; se non sempre podes copialas nun folio.
ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Bo día rapaces e rapazas, a continuación vos achego as actividades de música para esta semana.
Nesta páxina explícase a clasificación dos instrumentos musicais, leédea e escoitade os fragmentos musicais propostos: https://prezi.com/eoyzuxycs9el/os-instrumentos-musicais/
Un video divertido dun cuarteto de corda moi orixinal : https://www.youtube.com/watch?v=BKezUd_xw20
Seguimos cun xogo de percusión corporal :
https://www.youtube.com/watch?v=_BQJeW_o5jM
Mirade cómo se pode imitar a choiva con percusión corporal.
https://www.youtube.com/watch?v=M_iq--BQeI4
Vos atrevedes con este baile? Animádevos! https://www.youtube.com/watch?v=VDR-jJnVqPc
Unha aperta moi grande para todos e todas!
RECOMENDACIÓNS ALUMNADO DE 5º
Ola familias e rapaces/rapazas!
Supoñemos que ao longo desta semana recibiremos instruccións de cómo se vai desenvolver o 3º trimestre. Mentres tanto, continuaremos coa proposta de actividades para as próximas dúas semanas:
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 13 AO 19 DE ABRIL:
- Repaso de problemas de matemáticas coas catro operacións (suma, resta, multiplicación e división).
- Ditados.
(Adxunto documentos abaixo).
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 20 AO 26 DE ABRIL:
O 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro. Os nenos/as de 5º convertirémonos en auténticos escritores e escritoras e elaboraremos o noso propio libro.
Debedes inventar unha pequena historia tendo en conta todos os pasos que hai que seguir para escribir un conto (para iso, adxunto abaixo un documento no que recordamos estes aspectos e vos axudo a facelo).
Pasos a seguir para elaborar a actividade:
.1º) Ler as fichas explicativas de cómo se elabora un conto. (documento adxunto).
2º) Inventar un conto breve (podedes crear a vosa propia historia inventando as personaxes que queirades ou podedes axudarvos da plantilla que vai no documento que vos adxunto onde vos propoño diferentes historias).
3º) Enviarme o borrador para correxilo (pode ser a través do meu correo electrónico ou cunha foto ao móbil).
4º) Eu enviareivos de novo o conto xa correxido. Correxiredes os erros, pasádelo a limpo se fose necesario e facedes un debuxo que acompañe a vosa historia.
5º) Cando o teñades listo, enviádema de novo! O prazo de entrega será a finais desa semana.
ELABORAREMOS UN LIBRO CON CONTOS BREVES MOI DIVERTIDOS!
Recórdovos o meu correo electrónico: noeliavazquezrey@edu.xunta.es
E se vos queredes poñer en contacto coa profe Noelia de MÚSICA, este é o seu correo: musicaceiparzua@gmail.com
Un saúdo!
AS "SIN SOMBRERO"
Coñeces a historia das “Sin sombrero”? Son un grupo de mulleres que fixeron moito polas artes un chisco antes de que estoupase a Guerra Civil española. Foron borradas da historia da literatura polo feito de seren mulleres.
O alumnado de 6ºB fixo un traballo de investigación sobre este grupo de mulleres e quere compartilo con vós (esta actividade expúxose dentro da materia de Lingua castelá).
POEMAS DO ALUMNADO DE 6ºB
Na terceira semana de confinamento, o alumnado de 6ºB inspirándose nun poema co que nos agasallou o noso último premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio García Teijeiro, o día 2 de abril, creou o seu propio poema co título de "Quero...".
Aquí vos deixamos estes poemas para que poidades gozar léndoos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »