TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Saúdo novamente as familias e a todo o alumnado,de parte da mestra de Relixión, despois deste breve paréntese vacacional, para darvos moito ánimo nesta situación que tan complicada e incerta está sendo para todos. A espera de novas instruccións aquí vos deixo novas suxestións de traballo para o alumnado que cursa esta materia e que lle sexa posible levalo a cabo. Moi agradecida polo esforzo realizado, aquí me tedes a vosa disposición no correo electrónico relixion@arzua.net e moita paciencia para afrontar esta recta final de curso. Saúde para todo o mundo.

Para o alumnado de Relixión de 5º esta semana propóñovos averiguar o simbolismo cristián que garda a bandeira da Unión Europea. A actividade consiste en: 

1.Debuxar a bandeira da Unión Europea e coloreala.

2.Contar o número de estrelas polas que está formada e escribir o que simboliza ese número desde un punto de vista relixioso e cristián(xa o estudamos pero se non vos acordades podedes buscalo en internet). Desde logo non ten nada que ver co número de países que compoñen a Unión europea(na actualidade son 27 países).

3.Para escoller a bandeira europea o Consello de Europa organizou un concurso: quen foi o gañador de aquel concurso? 

4.Cando foi aprobada a nova bandeira polo Comité Ministerial?

5.Que festividade cristiá se celebraba ese día?

6.Por último busca o cadro do pintor español Diego Velázquez que amosa a Inmaculada Concepción, fíxate nel e descríbeo. Despois se te animas podes ser ti o/a artista e tentar reproducilo. Este cadro podemos velo na Galería Nacional de Londres. 

Para o alumnado de Relixión de 6º propóñovos identificar parellas bíblicas usando a biblia como instrumento para obter a información sobre as personaxes bíblicas. A actividade consiste en ler as citas bíblicas do centro e localizar nelas o nome das parellas ou matrimonios de cada páxina. Se tes opción de imprimilo podes unir con líneas de distintas cores cada unha das citas coas personaxes que forman a parella; se non sempre podes copialas nun folio.

PREME AQUÍ PARA VER A  ACTIVIDADE

FAI CLIC AQUÍ PARA ACCEDER A BIBLIA ONLINE   

Powered by Drupal - Design by artinet