5º e 6º nivel de Primaria

FAMILIARIZÁNDONOS CO PROGRAMA MBLOCK

O alumnado de 5º E.Primaria comeza a utilizar o programa mBlock, un entorno gráfico de programación para introducir a robótica de forma sinxela e aprender a programar robots.

Nesta primeira sesión de toma de contacto, aprendemos a diferenciar as instrucións, que aparecen clasificadas por categorías. 

     

  

REPASAMOS O RELEVO DE GALICIA E OS SEUS RÍOS

RELEVO DE GALICIA:

  • Onde está esta forma do relevo de Galicia?

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirelieve1ga.html

  • Como se chama esta forma do relevo de Galicia?

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirelieve2ga.html

RÍOS DE GALICIA:

  • Onde está este río?

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirios1ga.html

  • Como se chama este río?

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/galirios2ga.html

REPASAMOS O RELEVO DE ESPAÑA E OS SEUS RÍOS

RELEVO DE ESPAÑA: 

  • Onde está esta forma do relevo?

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esporog1e.html

  • Como se chama esta forma do relevo?

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esporog2e.html

RÍOS DE ESPAÑA:

  • Onde está o río?

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esparios1em.html

  • Como se chama o río?

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esparios2em.html

OBSERVACIÓN DOS ESTOMAS NUNHA FOLLA DE ACIVRO

O alumnado de 5º E.Primaria realizou unha práctica de laboratorio para observar os estomas, eses orificios que se atopan no envés das follas e que lles serven á planta para realizar o intercambio de gases e para eliminar o exceso de auga. 

Resulta moi sinxelo facelo e sae moi ben!!

             

      

POEMAS DE 5º B: "EU NACÍN..."

Na clase de 5ºB puxemos en marcha un taller de escritura para que todas as nenas e nenos se convertiran en poetas por uns intres. Tratábase de enxalzar o lugar no que cada un/unha naceu, ao igual que fixo Eduardo Pondal cando escribiu:

Eu nacín en agreste soedade,
Eu nacín cabo dun agreste outeiro
Pr´onde o Aullóns, con nobre maxestade
camiña ao seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade,
mas lonxe do seu ruido lisonxeiro;
eu nacín cabo do pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponteceso.

Esta actividade serviunos para traballar a temática do centro "Patrimonio cultural de Arzúa", así como a estrutura dos poemas, a rima consoante e asoante, as metáforas, as comparacións... Con todos os poemas e as ilustracións que fixo o alumnado de 5º B montamos a presentación que aquí vos deixamos. Esperamos que vos guste!

  PREME AQUÍ

Powered by Drupal - Design by artinet