POEMAS DE 5º B: "EU NACÍN..."

Na clase de 5ºB puxemos en marcha un taller de escritura para que todas as nenas e nenos se convertiran en poetas por uns intres. Tratábase de enxalzar o lugar no que cada un/unha naceu, ao igual que fixo Eduardo Pondal cando escribiu:

Eu nacín en agreste soedade,
Eu nacín cabo dun agreste outeiro
Pr´onde o Aullóns, con nobre maxestade
camiña ao seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade,
mas lonxe do seu ruido lisonxeiro;
eu nacín cabo do pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponteceso.

Esta actividade serviunos para traballar a temática do centro "Patrimonio cultural de Arzúa", así como a estrutura dos poemas, a rima consoante e asoante, as metáforas, as comparacións... Con todos os poemas e as ilustracións que fixo o alumnado de 5º B montamos a presentación que aquí vos deixamos. Esperamos que vos guste!

  PREME AQUÍ

Powered by Drupal - Design by artinet