3º e 4º nivel de Primaria

VISITA Á CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado de e de Educación Primaria visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. Foi unha xornada moi divertida onde aprendemos cousas novas sobre a escritora e coñecemos a casa na que viviu os derradeiros anos da súa vida.

                                       

Fixemos un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e obra de Rosalía.

Primeiro, na planta baixa da casa, unha guía explicounos cousas relacionadas coa súa vida, a restauración da casa, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora.

                                    

A continuación, na primeira planta, vimos unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga. Fíxonos moita ilusión poder ver o seu cuarto ou a súa cociña.

Tamén poidemos ver vitrinas con distintas edicións das súas obras, fotografías dela e dos seus familiares, manuscritos, recortes de prensa da época, obras, e unha gran variedade de obxectos que son testemuña da importancia da súa figura.

                                                         

 

Tamén tivemos a oprtunidade de visitar a casa por fóra. Está rodeada dun espazo verde que naqueles tempos era unha horta e hoxe é unha recreación dun xardín da época. Encantounos!

 

                                  

CHARLA CON ANA CELIA, PRESENTADORA DO TEMPO NA TVG

O alumnado de 4º E. Primaria asistiu hoxe, 14 de maio, a unha charla impartida pola presentadora do tempo na TVG, Ana Celia. Ela achegouse ao noso centro, para contarnos distintos aspectos relacionados co tempo atmosférico: imaxes dos satélites, estacións meteorolóxicas repartidas por Galicia, mapas de isóbaras e mapas significativos... Falounos tamén de como se organizan as persoas que traballan nun plató de televisión para poder ofrecernos a todos este espazo que ela presenta. 

  

VÍDEO_O TEMPO ATMOSFÉRICO

OS_MINERAIS

AS_ROCHAS

CAPAS_DA_TERRA

VÍDEO PARA REPASAR OS ECOSISTEMAS

Powered by Drupal - Design by artinet