O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. Foi unha xornada moi divertida onde aprendemos cousas novas sobre a escritora e coñecemos a casa na que viviu os derradeiros anos da súa vida.
Fixemos un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e obra de Rosalía.
Primeiro, na planta baixa da casa, unha guía explicounos cousas relacionadas coa súa vida, a restauración da casa, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora.
A continuación, na primeira planta, vimos unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga. Fíxonos moita ilusión poder ver o seu cuarto ou a súa cociña.
Tamén poidemos ver vitrinas con distintas edicións das súas obras, fotografías dela e dos seus familiares, manuscritos, recortes de prensa da época, obras, e unha gran variedade de obxectos que son testemuña da importancia da súa figura.
Tamén tivemos a oprtunidade de visitar a casa por fóra. Está rodeada dun espazo verde que naqueles tempos era unha horta e hoxe é unha recreación dun xardín da época. Encantounos!