3º e 4º nivel de Primaria

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO

Boa tarde familias!!!

As titoras de terceiro e cuarto necesitabamos saber se todos estades a ter acceso aos traballos que imos subindo a esta web. De cara ao terceiro trimestre, temos que ter seguridade de que os contidos curriculares chegan a todo o alumnado.

Pedimos que nos enviedes un correo electrónico, confirmándonos q vedes as actividades da web. (Xa sabedes que, ata o momento, eran totalmente voluntarias e orientativas)

Recordámosvos os nosos correos:

ALUMNADO DE TERCEIRO: clase.primaria.yolanda@gmail.com

ALUMNADO DE CUARTO: 4primariamvb@gmail.com

Recordade descargar a aplicación AbalarMóbil para poder ver as notas desta Avaliación.

Un saúdo,

As titoras de 3° e 4°.

URXENTE!!! AXUDAS PARA O COMEDOR COVID-19

Bo día familias.

Podedes solicitar AXUDAS PARA O COMEDOR ESCOLAR COVID -19.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdearzua/node/1

 

Vendo que esta situación se prolonga máis do que inicialmente esperabamos, deixamos á vosa disposición os nosos correos por se necesitades comunicarvos con nós.

YOLANDA: clase.primaria.yolanda@gmail.com

MARÍA: 4primariamvb@gmail.com

 

Aproveitamos tamén para informarvos de que o vindeiro VENRES 3 DE ABRIL estarán disponibles as notas da segunda avaliación a través da aplicación AbalarMóbil.

 

Un saúdo,

 

As titoras de 3º e 4º.

 


 

 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Ola de novo a todas as familias e alumnado do CEIP de Arzúa. Son a mestra de Relixión e póñome en comunicación convosco en primeiro lugar para mandarvos moito ánimo e unha aperta moi grande para todos os nenos e nenas do cole, e en segundo lugar para deixarvos un correo electrónico de contacto por se algunha alumna ou alumno quere enviarme o traballo realizado ou precisa comunicarme algo. O correo é: relixion@arzua.net. Lembrade que se trata dun traballo voluntario e que en ningún momento pretendo que os rapaces e rapazas se vexan sobrecargados nin agobiados polas tarefas. Un afectuoso saúdo e quedo a vosa disposición.

  

Para o alumnado de Relixión de 4º propóñovos unha nova actividade que consiste en observar e posteriormente analizar dúas obras de arte, que representan dous acontecementos da vida de Xesús:

  1º Aos corenta días do seu nacemento, Xosé e María levan a Xesús ao templo de Xerusalén onde son recibidos polo sacerdote Simeón. Momento reflectido no cadro do Mestre da Escola de Colonia.

  2º Tamén ten lugar en Xerusalén pero Xesús xa era bastante máis maior, tiña ao redor dos 30 anos, e esta vez trátase da representación dun milagre, en concreto, a curación do cego de nacemento, pintado polo artista italiano Duccio di Buoninsegna.

Observa detidamente estas pinturas e tenta resolver as cuestións que se plantexan sobre as mesmas.

Unha aclaración: o apartado "Soporte" que aparece na ficha, fai referencia ao material no que se realizaron estas pinturas(madeira e lenzo).

Para completar a actividade podedes buscar en internet unha breve información sobre os pintores dos cadros: os Mestres da escola de pintura de Colonia, en Alemania e o artista italiano Duccio di Buoninsegna.

DESCARGAR PDF

 

Para o alumnado de Relixión de 3º propóñovos unha actividade que imos chamar "Os artistas fálannos mediante as pinturas", que consiste en:

1.Observar 4 obras de arte que representan outras tantas escenas importantes relacionadas con acontecementos da vida de Xesús que os cristiáns lembran na Semana Santa. Os cadros son os seguintes:

 -Entrada de Xesús en Xerusalén, do pintor italiano Giotto.

 -Última cea, do pintor valenciano Juan de Juanes.

 -Xesús na cruz, do pintor sevillano Diego Velázquez.

 -Resurrección do Señor, do pintor sevillano Murillo.

 

  PREME AQUÍ PARA VELOS

 

2.Tenta identificar aos personaxes que aparecen neles.

3.Escribe (nun folio ou no propio cadro,se puideches imprimilo) que día da Semana Santa se celebra o acontecemento aí reflectido.

 

4.Busca un elemento simbólico en cada unha desas pinturas e debúxao escribindo debaixo o seu nome. Por exemplo: a póla de oliveira no cadro de Giotto "Entrada de Xesús en Xerusalén".

 

 

PHYSICAL EDUCATION....!!!

Arribaaaaa........Marela está esperándovos para facer un pouco de exercicio físico e como ademáis quere practicar inglés, falou coa mestra e co mestre de inglés, Tareixa e Lois, e apuntouse a unha clase de physical education.

READY, SET, GO...

É importante que cada día lle adiquemos 30 minutos ao exercicio físico.

ÁNIMOOOOOOO, ESTÁDELO FACENDO MOOOOI BEN...!!!

 

CIENCIAS NATURAIS TERCEIRO

Bos días familias,

Seguimos traballando, imos repasar o tema de Ciencias Naturais. Adxunto as fotos do tema por se algún alumno ou alumna non  tivera o libro na casa (preme no arquivo adxunto: Tema de CCNN). Tamén atoparedes diferentes actividades relacionadas co tema, recordade que son orientativas, coa intención de reforzar contidos. E por último un vídeo sobre a nutrición.

Despois de repasar o tema, de facer as actividades propostas e do visionado do vídeo, intenta facer un esquema ou resumo do mesmo. Lembra que os conceptos máis importantes do tema están encadrados.

 

Moito ánimo! Todo vai sair ben Sorriso 

Un saúdo, Yolanda.

 

Actividade 1

Actividade 2

Actividade 3

Vídeo nutrientes

CIENCIAS NATURAIS PARA CUARTO

Ola familias!!!

Espero que vos encontredes todos e todas ben.

Para axudarvos un pouquiño con ese tema de CIENCIAS NATURAIS que temos empezado, vouvos propoñer uns vídeos relacionados cos sentidos e o aparato locomotor.

Os sentidos

O Aparato Locomotor

Os Ósos

Os Músculos

Despois podedes completar as fichas incluídas no documento adxunto.

Recordade que todo é material orientativo, coa intención de reforzar os contidos.

Moito ánimo! Xa veredes como pronto nos reencontramos!

 

Un saúdo,

 

María.

 

QUÉDATE NA CASA!!

ATENCIÓN, ATENCIÓN........  Marela súmase ao reto do Ceip Maestra Ángeles Cuesta!!!

Propónnos á toda a comunidade educativa do noso cole o reto "QUÉDATE EN CASA" de Ariel de Cuba. Con este novo reto pretende que todos e todas, os e as que formamos parte do Ceip de Arzúa,  ensaiemos en familia e aprendamos a coreografía que nos deixa para que cando volvamos de novo ao cole, toda a comunidade educativa a representemos en sinal de VITORIA.

Marela anima tamén a todos os centros a unirse a esta iniciativa.

Apúntaste.....?? Eu siiiiiiii!!!

Practicade a coreografía en familia, ensaiade xuntos e xuntas, e se queredes compartila podedes facelo a través do meu correo electrónico maritaefisica@gmail.com.

Preme en youtube para ver o vídeo en pantalla completa.

A BAILAR CON MARELA...!!!

OS CONSELLOS DE MARELA

Marela está moi preocupada por esta situación de alerta sanitaria que estamos a vivir.

Falou cos nenos e as nenas de segundo de Primaria, para que seguindo as recomendacións sanitarias lle axudaran a crear uns carteis cos consellos que todas e todos debemos seguir para GAÑAR este partido ao CORONAVIRUS.

Eu escoito a Marela!! E ti...?

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLO ORIENTATIVO PARA O ALUMNADO DE TERCEIRO E CUARTO

Bo día familias!

Esta semana imos seguir traballando na mesma liña que o viñamos a facer en días anteriores, reforzando os coñecementos adquiridos durante o presente curso:

MATEMÁTICAS:

-Repasar as táboas de multiplicar.

-Cálculo: sumas, restas, multiplicacións e división dunha cifra ( de dúas cifras para o alumnado de 4º e facendo a proba).

-Problemas sinxelos.  (material facilitado)

-Xogos matemáticos online: https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros

LINGUA CASTELÁ e LINGUA GALEGA:

-Lectura diaria en libros e contos que teñan na casa.

-Fichas de comprensión lectora (material facilitado)

-Expresión escrita: Propoñemos que o alumnado de terceiro e cuarto escriba unha carta ao compañeiro ou compañeira que máis añore nestes días de confinamento.

Tamén podedes inventar un conto acompañado dun debuxo.

CIENCIAS

-Repasar o tema que estabamos a traballar na aula.

PLÁSTICA.

-Facede alguna manualidade desenvolvendo a vosa creatividade usando soamente tesoiras, pegamento, papel e un rolo de papel de cociña ou papel hixiénico.

Ah….e XOGADE!!! que tamén é moi importante…

Un saúdo e ánimo que xa queda menos!

 

As titoras de 3º e 4º

Powered by Drupal - Design by artinet