5º Curso
MEDINDO MASAS, VOLUMES E DENSIDADES
O alumnado de 5ºB realizamos uns pequenos experimentos para medir masas, volumes e densidades de diferentes corpos.
Coa axuda das probetas, medimos o volume dunha bóla saltarina, unha canica, unha pesa...
Despois, calculamos a densidade dalgúns corpos e, por último, comprobamos que esta propiedade permítenos saber que corpos poden flotar na auga e cales afunden.
Esta práctica tamén nos serviu para familiarizarnos con material básico dun laboratorio, como as probetas, os vasos de precipitados e a balanza electrónica.
EXPERIMENTOS INTERACTIVOS COA MATERIA
Aquí vos deixo una páxina web moi interesante para realizar experimentos interactivos cos que poder medir:
a) A masa de obxectos sólidos.
b) A masa de líquidos.
c) O volume de líquidos e sólidos.
d) A densidade.
http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/93_iniciacion_interactiva_materia/curso/materiales/indice.htm
AS NOSAS LENDAS
O alumnado de 5ºB recolleu lendas da comarca de Arzúa. Deixámosvos aquí as que recompilaron.
CREANDO FIGURAS XEOMÉTRICAS CO MBLOCK
O alumnado de 5ºB acudiu á aula de Informática para seguir traballando co mBlock. Esta vez xa conseguimos colocar os comandos necesarios para facer distintas figuras xeométricas: cadrados, rectángulos, círculos, trapecios...
FAMILIARIZÁNDONOS CO PROGRAMA MBLOCK
O alumnado de 5º E.Primaria comeza a utilizar o programa mBlock, un entorno gráfico de programación para introducir a robótica de forma sinxela e aprender a programar robots.
Nesta primeira sesión de toma de contacto, aprendemos a diferenciar as instrucións, que aparecen clasificadas por categorías.