QUE EMOCIÓN!!
Recibimos unha carta de Clara, Sara e Laura onde nos expoñen as tarefas a realizar para estudar a auga dende as diferentes obras do museo...Ademais imos ter un album de cromos cos cadros do museo ...cada cromo é un cadro!!!
O primeiro cromo do noso álbum partticular é A FONTE, un cadro de Manuel Colmeiro feito arredor de 1935.
Temos tarefas de tres tipos:
- Investigación: fontes e localización nun mapa
- Reprodución: como vemos nós o cadro
- Creación: o arte da fotografía
Xa vos iremos contando segundo vaiamos facendo!
Estamos encantados e encantadas cos estas educadoras do museo que nos ensinan tanto e nos fan medrar no mundo do ARTE!!!!
GRAZAS!!!