Este mes de maio na clase de 5ºA fixemos varias actividades que xiraron arredor da temática do acoso escolar.
Proxectamos a película Wonder, que gozou de moi boa acollida por parte dos rapaces e rapazas. Wonder narra a vida de Auggie Pullman, un neno de 10 anos nado cunha malformación facial - a Síndrome de Treacher Collins-, que lle obrigou a vivir de hospital en hospital sendo operado ata en 27 ocasións. A súa vida transcorre entre as paredes da súa casa, xunto á súa familia e a súa cadeliña Daisy. A súa nai, encargouse de educalo ata o de agora, pero chegou a hora de que coñeza mundo e se enfronte ao seu maior reto: ir por primeira vez ao colexio e tentar ser aceptado por profesores e compañeiros, a pesar de ser diferente ao resto pola súa discapacidade.
Esta película aborda temas como o acoso escolar, a autoestima, o autoconcepto, o respecto e a tolerancia cara á diferenza, a aceptación...
Na clase de Plástica fixeron estes collages, en grupos de dous e un de tres, nos que plasmaron o seu rexeitamento a todo tipo de acoso.