TOUPICIENCIA

O alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participaron nunha actividade de animación á lectura: “Toupiciencia”. Nesta actuación a nosa amiga Toupiña, acompañada do seu axudante químico, descubriulles o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre diferentes reaccións químicas.

Despois de comprobar que coa ciencia non se pode medir “a ollo”, decatáronse de que para que un esperimento saia ben é necesario ler todos e cada un dos pasos, e seguir as indicacións propostas. Deste xeito todo irá ben, verdade que si?

                                                   

 

 

                           

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

SIMULACRO DE EVACUACIÓN - Colegio Trabenco-Pozo

O día 19 de maio tivo lugar no centro o Simulacro de Evacuación

 

TALLER DE RECICLAXE

O día 18 de maio, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un taller de Reciclaxe a través do Concello de Arzúa.

Puede ser una imagen de 8 personas, personas de pie e interior

Por que é importante reciclar?

Tratáronse temas como:

Os seres vivos dependen de como nós cuidemos o planeta.

Deforestación, arrancando árbores dun xeito non respetuoso co medio ambiente.

Reciclar papel

Restos de comida 

Composteiro

Leváronse a cabo actividades por grupos:

- Repartíronse fichas para facer en grupo sobre os contidos expostos: entrega de residuos para colorear e meter no contedor que corresponda e poñer o nome do contedor.

- Actividade de compostaxe: buscar bichiños no compost coa axuda de lupas, guantes e pauciños.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

Libros de texto

 

 

BENEFICIARIOS

ALUMNADO QUE O VINDEIRO CURSO 2022-2023 CURSE DE 1º A 6º DE PRIMARIA

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en educación primaria.


O alumnado de 5º e 6º (E-DIXGAL) está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto pero poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO

 

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  ANEXO I (Solicitude)

 ANEXO II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

Podes descargar os Anexos no seguinte enlace:

 

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/13492459

 

     Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente(cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

     Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica

 

     Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

IMPORTANTE:

TODAS AS SOLICITUDES DEBERÁN ESTAR DEBIDAMENTE ASINADAS PARA QUE TEÑAN VALIDEZ.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

 As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

 

TEATRO GHAZAFELHOS TRAE A OBRA "A MÁQUINA DO TEMPO" ANO NOSO CENTRO

O venres, 13 de maio a compañía de teatro Ghazafelhos trouxo ao noso centro a súa obra "A máquina do tempo"; unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía, Pepablo Patinho e Montse Piñón, fixeron un percorrido pola historia a través de dúas chamativas personaxes: a doutora Mon e o seu axudante Pe. Durante o espectáculo solicitaron a axuda dos nenos e nenas para viaxar xunto coa doutora e o seu axudante a distintas épocas da nosa historia. Con esta peza teatral vivimos unha aventura educativa a partir do humor e botamos unha boas risadas. 

Fixéronse dous pases para que puidera asistir todo o alumnado de Primaria a esta representación teatral.

   

  

    

   

  

Este espectáculo foi financiado polo Concello de Arzúa.

 

ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización Lingúística con motivo da semana das Letras Galegas, hoxe o alumnado de E. Infantil acudiu ao salón de actos do noso colexio para ver "Estrafalaria". Trátase dun espectáculo que combina a  narración oral coa manipulación de obxectos. Os personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira.

   

  

Esta actividade foi financiada polo Concello de Arzúa.

PROGRAMA DE CONCILIACIÓN XogARZÚA 2022

CONTACONTOS ILUSTRADO BASEADO NA BIOGRAFÍA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Para celebrar o Día das Letras Galegas, trouxemos o grupo de Polo Correo do Vento ano noso centro. Fixeron unha actividade de contacontos ilustrado baseado na biografía de Florencio Delgado Gurriarán, editada por este colectivo, coa que xa estamos traballando no colexio. 

Primeiro, narráronnos oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida do autor e, despois, fixeron un obradoiro de debuxo no que todo o alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria realizou, seguindo as súas indicacións, unha caricatura do poeta nado en Córgomo. 

Foi unha actividade que gozou de moi boa acollida entre os nenos e nenas que asistiron á mesma.

  

  

  

 

 

NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO

 

 

“Navega con rumbo” é un programa encamiñado a guiar ao alumnado cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede.

No CEIP de Arzúa desenvolveuse esta charla o día 10 de maio, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Tratáronse temas como:

- Como se divertían os nosos pais e profesores?

- Agora o que nos engancha son os xogos e as redes sociais.

- Puntos clave de Internet.

- Vantaxes de Internet.

- Risco een Internet: moitos menores comunícanse con xente que coñeceron a través de Internet. Moitos sofren acoso a través da rede.

- Internet en sí non é perigoso, pero pode ser perigoso o que esconde detrás.

- Perigos de Internet:

  • Perda da intimidade e confidencialidade.
  • Adicción a Internet.
  • Spam, bulos,phishing, malware.
  • Dispersión e perda de tempo.
  • Información falsa.
  • Ciberbullying, ciberacoso e grooming.
  • Sectas.
  • Illamento social.

- Como evitar un correo electrónico con copia oculta.

- Debemos aprender a protexer o noso ordenador.

  • Fontes de virus.
  • Os enderezos que comezan por https:// asegúranos que a información está cifrada.
  • Buscar contrasinais seguros.

 

OBRADOIROS DE IGUALDADE

A semana do luns 25 ao venres 29 de abril tiveron lugar no noso centro uns Obradoiros de Igualdade que foron impartidos a todo o alumnado de Educación Primaria.

Estas formacións están dentro dos Contratos – Programa Inclúe no programa de IGUÁLA-T: “A educación é a clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero  así como para poñer en valor a diversidade afectivo sexual e de identidade de xénero e o respeto a todas as persoas”.

A coordinadora e encargada de impartilos, Cristina, trouxo diversos materiais e recursos para desenvolver estas formacións que tiveron unha duración de 2 sesións en cada aula: para os nenos e nenas de 1º a 4º de Primaria, empregou un material que elaborou cun rapaz de ARELAS que é ilustrador. A través das ilustracións o alumnado tiña que rematar e colorear, traballando así os corpos diversos, a expresión, os estereotipos e roles de xénero, as familias diversas e as diferentes formas de amar. Para iso, apoiouse tamén dunha presentación power-point con imaxes reais que nos serviron para desmontar certos prexuizos e ideas estereotipadas.

Co alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou os mesmos temas, pero ademais realizou unha charla-conversa a través dun power point e de vídeos que nos serviron para a reflexión.

Amosámosvos a continuación algunas imaxes deste obradoiros:

  

Powered by Drupal - Design by artinet