OBRADOIROS DE IGUALDADE

A semana do luns 25 ao venres 29 de abril tiveron lugar no noso centro uns Obradoiros de Igualdade que foron impartidos a todo o alumnado de Educación Primaria.

Estas formacións están dentro dos Contratos – Programa Inclúe no programa de IGUÁLA-T: “A educación é a clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero  así como para poñer en valor a diversidade afectivo sexual e de identidade de xénero e o respeto a todas as persoas”.

A coordinadora e encargada de impartilos, Cristina, trouxo diversos materiais e recursos para desenvolver estas formacións que tiveron unha duración de 2 sesións en cada aula: para os nenos e nenas de 1º a 4º de Primaria, empregou un material que elaborou cun rapaz de ARELAS que é ilustrador. A través das ilustracións o alumnado tiña que rematar e colorear, traballando así os corpos diversos, a expresión, os estereotipos e roles de xénero, as familias diversas e as diferentes formas de amar. Para iso, apoiouse tamén dunha presentación power-point con imaxes reais que nos serviron para desmontar certos prexuizos e ideas estereotipadas.

Co alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou os mesmos temas, pero ademais realizou unha charla-conversa a través dun power point e de vídeos que nos serviron para a reflexión.

Amosámosvos a continuación algunas imaxes deste obradoiros:

  

Powered by Drupal - Design by artinet