Cada marabilla no seu lugar

 

 

Sabes colocar nun mapa as marabillas do mundo???

 

Comproba o que sabes premendo aquí


Enigma de la esfinge e A Lenda da Pirámide Dourada

Viaxamos agora ata Exipto, grandes aventuras vos agardan.

Que empece a conta atrás...3,2,1...despegueeeeeeeee!!

Cometa dragón

Aquí tedes un vídeo cos Little Einsteins como protagonistas, queredes axudalos a atopar a Cometa Dragón??

Voade con eles na súa nave ata a China e conseguirédelo!!

O QUEIXO E A MEL no primeiro ciclo

Se queredes ver os nosos inicios na elaboración do queixo e do envasado do mel pincha aquí

 

portada.jpg

UN DÍA PARA LEMBRAR

Hoxe día 29 de febreiro foi un día que deu moito de sí.

 

No CEIP de Arzúa fixéronse moitas actividades que van a contribuir a formación do noso alumnado, unha formación responsable que porán en práctica nun futuro moi próximo.

O Primeiro Ciclo e e 6º de Educación Infantil foron a unha actividade promovida polo Centro de Divulgación do queixo e do mel, onde os rapaces e rapazas fan o seu queixo e envasaron o seu tarro de mel. Os días 1 e 2 de marzo esta actividade continúa para os outros ciclos.

O Segundo Ciclo asisteu a unha Cata de queixo, organizada polos Consellos Reguladores do Queixo de Tetilla e o Arzúa-Ulloa.

O Terceiro Ciclo asisteu a unha charla informativa e formativa sobre os riscos de navegar polo internet, sobre todo nas redes sociais, impartida por dous membros da Garda Civil.

Tamén os pais, nais e titores legais tamén tiveron protagonismo hoxe, xa que puideron asistir a unha charla para eles sobre este mesmo tema. 

Logo despois houbo un relatorio de Eloisa Teijeira Bautista sobre educar en e para a convivencia nas aulas, un proxecto de formación no que participan algúns mestres e mestras do CEIP.

Por iso, polo interés dos nenos e nenas, pola asistencia das nais, pais e titores legais...foi  e é un día para lembrar.

Entroido 2012

Xentes de todos os lugares do mundo viñeron visitarnos este Entroido.

Xuntáronse no cole para desfilar e poder ensinarnos as Marabillas do Mundo. 

Para ver como nos divertimos preme aquí!!!

Entroido

Xa están colgadas algunhas das fotos do Entroido do 1º ciclo no noso blog. Para iso pincha no enlace seguinte

 

http://primerciclo-arzua.blogspot.com/2012/02/unha-historia-exipcia-no-entroido.html

1ª.jpg

RELATORIOS DE ELOISA TEIJEIRA

15 E 29 DE FEBREIRO

de17:30h.a 20:30

CEIP de Arzúa

 

Eloisa Teijeira Bautista

TEMA:

Educar en e para a convivencia na aula  

RELATORIO DE CARMEN LOUREIRO: "COMPETENCIA EMOCIONAL"

Dentro das actividades para o Plan Mellora deste curso, "A Competencia Social".

Participan os mestres acollidos ao plan e outros mestres do centro e outros centros veciños que estean interesados no relatorio.

8 DE FEBREIRO

de17:30h.a 20:30

CEIP de Arzúa



Carmen Loureiro López

     

    Psicóloga e especialista en intelixencia emocional.

    Profesora no IES de Arous

     Colaboradora do Proxecto Noria de rede Crearmundos.

 

TEMA:

COMPETENCIA EMOCIONAL”

Queremos PAZ

O luns día 30 de xaneiro xuntámonos para cantarlle á PAZ, para a ocasión escollimos unha canción do grupo Maná "Queremos Paz".

Cada nena e neno elaborou unha bandeira do lugar no que se atopa a Marabilla do Mundo que está a estudando.

Depositámolas todas xuntas cas nosas mensaxes de paz para todo o mundo. 

Preme aquí para ver algunha imaxe do momento


sentímolo, flash non está dispoñible.

Powered by Drupal - Design by artinet