UN DÍA PARA LEMBRAR

Hoxe día 29 de febreiro foi un día que deu moito de sí.

 

No CEIP de Arzúa fixéronse moitas actividades que van a contribuir a formación do noso alumnado, unha formación responsable que porán en práctica nun futuro moi próximo.

O Primeiro Ciclo e e 6º de Educación Infantil foron a unha actividade promovida polo Centro de Divulgación do queixo e do mel, onde os rapaces e rapazas fan o seu queixo e envasaron o seu tarro de mel. Os días 1 e 2 de marzo esta actividade continúa para os outros ciclos.

O Segundo Ciclo asisteu a unha Cata de queixo, organizada polos Consellos Reguladores do Queixo de Tetilla e o Arzúa-Ulloa.

O Terceiro Ciclo asisteu a unha charla informativa e formativa sobre os riscos de navegar polo internet, sobre todo nas redes sociais, impartida por dous membros da Garda Civil.

Tamén os pais, nais e titores legais tamén tiveron protagonismo hoxe, xa que puideron asistir a unha charla para eles sobre este mesmo tema. 

Logo despois houbo un relatorio de Eloisa Teijeira Bautista sobre educar en e para a convivencia nas aulas, un proxecto de formación no que participan algúns mestres e mestras do CEIP.

Por iso, polo interés dos nenos e nenas, pola asistencia das nais, pais e titores legais...foi  e é un día para lembrar.

Powered by Drupal - Design by artinet