O ALUMNADO DE 4º EP VISITA O MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

Despois de chegar ao Museo e tomar un pequeno almorzo, comezamos a nosa aventura.

Repartímonos en dous grupos e, dentro de cada un, fixemos outros cinco grupos máis pequenos. Coa axuda das nosas guías, fomos percorrendo as distintas plantas. Como a temática escollida era a natureza, detivémonos diante das pinturas de Rubens e Luís Seoane, para ir completando un traballo que nos encomendaron. 

Estas son as nenas e nenos de 4ºB:

  

 

 

 

Estas son as nenas e os nenos de 4º A:

 

 

 

 

Contacontos de Nadal polo voluntariado da Biblioteca

Este ano de novo contamos coa axuda do voluntariado da Biblioteca escolar para realizar un contacontos coa temática do nadal, neste caso para os nenos e nenas de Educación Infantil.

O conto escollido foi A familia de Basilia, unha historia na que falamos do que é verdadeiramente importante nestas festas: pasar tempo cos amigos e a familia.

 

 a familia de basilia-gracia iglesias-sara sanchez-9788418753336    

  

  

 

Moitas grazas polo voso esforzo! Para finais de curso prepararemos outra divertida historia coa axuda dos voluntarios e voluntarias que non puideron participar neste.

VISITA Á RESIDENCIA SAN JOSÉ DE ARZÚA

Esta mañá, 20 de decembro, fixemos unha saída co alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria para visitar a Residencia San José de Arzúa. As nenas e nenos do noso colexio, prepararon unhas panxoliñas con moito agarimo, para cantárllelas aos anciáns desta Residencia.

Cando atravesamos a porta do centro, cada neno e cada nena foise sentando no chan, esperando a súa quenda para cantar. Ao sinal da profe Cristina foron intervindo e deleitando aos que estaban presentes coas súas cancións e coreografías. 

Estas fotos corresponden a distintos momentos da actuación.

  

 

   

Unha vez rematada a actuación, un grupo de residentes interpretou un par de panxoliñas e o noso alumnado transformouse, durante un intre, en espectador.

 

Foi marabilloso presenciar este encontro de dúas xeracións que compartiron emocións e sentimentos arredor destas festas tan entrañables e familiares.

Para finalizar este acto, fíxoselle entrega a cada residente dunha postal elaborada polo alumnado  do noso colexio e eles e elas entregáronnos unha manualidade.Tamén ao despedirnos, repartiron uns caramelos e piruletas que fixeron as ledicias de todos e todas.

Moitas grazas a Residencia San José por acollernos tan ben e permitirnos compartir un anaco do voso tempo! E, como non, moitas grazas tamén á nosa compañeira Cristina por preparar estas panxoliñas cos nenos e coas nenas de 4º, 5º e 6º!!

De volta no noso colexio, repetimos a actuación para que puidera vela o alumnado de E.Infantil, 1º, 2º e 3º de E.Primaria. Estas fotos foron sacadas no salón de actos do noso centro.

 

 

 

  

MODELO CARTA REIS MAGOS

Achegándonos ás vacacións de Nadal, hai que buscar un intre para escribir a carta ás súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente. Deixámosvos aquí un modelo de carta que podedes imprimir.

Preme aquí

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Sabías que un de cada dez nenos é un neno con discapacidade?

As persoas con discapacidade foron historicamente marxinadas. Cómpre redobrar e acelerar os nosos esforzos para integralas na sociedade e axudarlles a conseguir as súas metas.

O noso mural colectivo, que leva por título, “A diversidade enriquece”, quere ser unha homenaxe a todos estes superheroes e a todas estas superheroínas que están aquí para regalarnos sorrisos, abrazos, agarimos… e cos que queremos compartir unha morea de retos e aventuras. Quixemos destacar todas esas cousas que elas e eles son capaces de facer, aínda que a súa discapacidade ás veces llo pon moi difícil. 

 

 

 

Proxecto artístico de 5º de EP

Este curso escolar, a materia de EPV para 5º de Primaria está enfocada en mulleres artistas e pintoras de diferentes épocas e partes do mundo, e para o 1º trimestre, os alumnos e alumnas traballaron nun proxecto moi complexo no que tiñan que mesturar acuarelas, rotuladores e emocións. 

Tras falar brevemente de Helen Frankenthaler e Yayoi Kusama e ver obras de estas artistas, inspirámonos nos dous estilos abstractos (con acuarelas e patróns ou puntos) para representar o que sentimos e o que comprendemos cando falamos de multiculturalidade, igualdade, solidariedade, e da importancia de respetar as diferentes culturas do mundo. Como banda sonora tivemos a canción "We are the others" de Miyavi que estamos a traballar na materia de Música.

Deixámosvos por aquí un collage con todos os proxectos rematados, tendo en conta que o fixeron con acuarela e o escáner non capta ben as cores pouco intensas:

 

Lecturas recomendadas para o Nadal

Deixámosvos por aquí un tríptico de lecturas recomendadas para ler este Nadal. Non hai nada mellor que pasar o frío coa mantiña e cun libro cheo de aventuras!

PULSA AQUÍ PARA DESCARGAR O PDF

 

Pulcinella no Auditorio de Galicia

Este xoves os nenos e nenas de 1º de EP asistiron á obra musical de Pulcinella no Auditorio de Galicia. Que ben o pasamos! A obra falaba dun comediante que desexaba convertirse no novo Pulcinella para amosar o seu talento nas festas do entroido en Nápoles, e da súa amiga Colombina que desexaba liberarse das ataduras de vivir en palacio e traballar como sirivienta, xa que quería fundar, co seu talento para a danza,a comedia e os negocios, unha compañía de teatro de comedia. 

Unha máscara roubada, unha rapaza con grandes soños de liberdade, e a Real Filharmonía de Galicia poñendo a banda sonora de esta historia tan divertida.

 

 

E ata tivemos a sorte de saudar aos artistas!

Taller de pócemas para #bibliotecascreativas

A semana pasada rematamos os nosos talleres de pócemas decorativas, impartido pola responsable da biblioteca, cos nenos e nenas gañadores do reto dos enigmas do samaín, pero para aqueles e aquelas que tedes ilusión por aprender tamén como fabricar estas pócemas, deixámosvos un sinxelo tutorial do paso a paso no blogue: PULSA AQUÍ

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

No que levamos de ano, xa van 51 mulleres asasinadas! Cómpre reflexionar e pensar que hai moitas cousas que deben cambiar na nosa sociedade. No noso centro fixéronse actividades moi variadas, adaptadas a cada nivel e entre elas destacamos a visualización de vídeos, lectura de contos, traballo con cancións... Todas as clases colaboraron na decoración dos corredores e portas das aulas, sendo partícipes da importancia de reivindicar este día.

Ademais, as titorías de 4º, 5º e 6º de E.Primaria sumáronse á campaña posta en marcha polo Concello de Arzúa polo 25 de novembro. Baixo o lema xenérico “Acabouse!”, a campaña ten como fío condutor diferentes citas que podemos achar en famosas series, películas e contos, convidando a reflexionar sobre as violencias machistas que representan e que habitualmente normalizamos.

Esta é unha mostra do traballo que se está facendo nas distintas titorías do centro.

Traballos das nenas e nenos da aula de 3 anos-A:

  

Traballos do alumnado de 3ºB:

Cartel das nenas e nenos de 2ºB:

 

Mural do alumnado de 4º A:

Mural do alumnado de 4ºB:

 

  

Mural do alumnado de 5ºA:

Powered by Drupal - Design by artinet