Sabías que un de cada dez nenos é un neno con discapacidade?
As persoas con discapacidade foron historicamente marxinadas. Cómpre redobrar e acelerar os nosos esforzos para integralas na sociedade e axudarlles a conseguir as súas metas.
O noso mural colectivo, que leva por título, “A diversidade enriquece”, quere ser unha homenaxe a todos estes superheroes e a todas estas superheroínas que están aquí para regalarnos sorrisos, abrazos, agarimos… e cos que queremos compartir unha morea de retos e aventuras. Quixemos destacar todas esas cousas que elas e eles son capaces de facer, aínda que a súa discapacidade ás veces llo pon moi difícil.