Proxecto artístico de 5º de EP

Este curso escolar, a materia de EPV para 5º de Primaria está enfocada en mulleres artistas e pintoras de diferentes épocas e partes do mundo, e para o 1º trimestre, os alumnos e alumnas traballaron nun proxecto moi complexo no que tiñan que mesturar acuarelas, rotuladores e emocións. 

Tras falar brevemente de Helen Frankenthaler e Yayoi Kusama e ver obras de estas artistas, inspirámonos nos dous estilos abstractos (con acuarelas e patróns ou puntos) para representar o que sentimos e o que comprendemos cando falamos de multiculturalidade, igualdade, solidariedade, e da importancia de respetar as diferentes culturas do mundo. Como banda sonora tivemos a canción "We are the others" de Miyavi que estamos a traballar na materia de Música.

Deixámosvos por aquí un collage con todos os proxectos rematados, tendo en conta que o fixeron con acuarela e o escáner non capta ben as cores pouco intensas:

 

Powered by Drupal - Design by artinet