Chegou o Samaín

Velaí está o noso Samaín! O Samaín é unha tradición común para todos os pobos celtas. Desta volta as nenas e nenos de 6º A fixemos un mural chulísimo sobre o Samáin na súa vertente máis céltica. Pasádevos polo corredor da biblioteca para coñecer o "CELTIC CALENDAR and the FLAGS of the CELTIC NATIONS" que partillan unhas celebracións, música e tradicións que non rematan só co Samaín.

PREMIOS AECA

 

Entregaron os premios do concurso de debuxo convocado, o curso pasado, pola Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA), resultando premiados dous alumnos do noso centro:

- Raúl Veleiro Torres, de 4º B (curso 2017/18)

- Marcos Tojo Fariñas, de 6º B (curso 2017/18). Este alumno xa forma parte este curso 2018/19 do IES de Arzúa.

As bolsas dos comercios de Arzúa levarán durante un ano os debuxos dos dous rapaces.

PLAN DE EVACUACIÓN EN PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA

 

EN PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA TAMÉN TIVEMOS A XORNADA DE FORMACIÓN NO PLAN DE EVACUACIÓN NUNHA SITUACION DE EMERXENCIA!!!

Traballamos contidos como emerxenxia, evacuación, confinamento, protocolo, 112, normas...

Se queres ver máis preme na imaxe

  

POP ART con ANA KIRO

Ana Kiro levou a Galicia por onde alí foi e a lingua galega nas súas cancións. Estudamos este persoeiro destacado de Arzúa no eido da música.

Ademáis de investigar sobre a súa vida e os seus éxitos, adicámoslle uns traballos de plástica poñendo en marcha o POP ART

Se queredes ver esta homenaxe, preme na seguinte imaxe

 

 

Comenzamos a formación para o Plan de evacuación en situacións de emerxencia

Esta semana, comenzamos unhas xornadas de formación, tanto co profesorado como co alumnado, sobre o plan de autoprotección do centro, para a posta ao día sobre como levar a cabo a evacuación nunha situación de emerxencia.

 

Finalmente tivo lugar o Simulacro de Evacuación.

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo do Día das bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro, estanse a facer moitas actividades no noso colexio.

O alumnado de 6ºB encargouse da elaboración do mural que se atopa na entrada do centro. 

 

Tamén se fixo un mural, ao que puxemos por nome "Poetizámonos!", que recolle os poemas que foi compoñendo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria, a partir dos títulos dos libros da nosa biblioteca. Estas composicións encargáronse despois de ilustralas os máis pequenos: Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.

    

Aquí podedes ver máis de preto algunhas das composicións poéticas. 

      

 

 Agora cada grupo de alumnos e alumnas pasará pola bilbioteca, co seu titor ou titora,  para visionar un power point que lles explicará o funcionamento deste espazo tan importante na vida dun centro.

E, xa sabedes que tivemos a Erica González no noso colexio para activar o noso "botón" da imaxinación. A todos e a todos gustáronnos moito os seus contos!!

 

 

SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON ERICA GONZÁLEZ

Hoxe, 22 de outubro, o alumnado do centro gozou dunha sesión de animación á lectura na biblioteca. Erica González foi sacando da súa "fábrica de contos" unhas historias moi fermosas que cautivaron aos máis cativos do colexio e tamén aos maiores.

Estas fotos recollen o seu paso pola nosa biblioteca.

Grazas Erica por compartir esta xornada connosco!!!

   

   

    

OBSERVANDO A EPIDERME DA CEBOLA

 

A pel das escamas internas do bulbo da cebola está formada por unha soa capa de células fácil de obter e observar.

O alumnado de 5ºA e 5º B iniciamos con esta práctica os nosos experimentos deste curso. Xa sabemos manexar o microscopio cada vez un pouquiño mellor. 

 

              

                                   

 

 

ARZÚA, UN MUNDO POR DESCUBRIR

As nenas e nenos de Infantil de 5 anos empezaron a traballar o eixe temático deste curso: "Patrimonio cultural de Arzúa", e fixeron este mural que reflicte a súa maneira de ver a vila na que viven.

SEMANA DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS 2018

 

O alumnado de 5º e 6º E.P do CEIP de Arzúa asistiu o 3 de outubro ás actividades organizadas na Semana da Prevención de Incendios 2018, organizada polo Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, en colaboración coa Fundación MAPFRE, a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros e El Electronics.

Estivemos primeiro na Casa da cultura, onde se presentou ao grupo de persoas implicadas neste proxecto e despois fomos ao Multiusos. Alí puidemos ver os distintos tipos de extintores e comprobar como se aplican sobre un lume. Tamén experimentamos, en primeira persoa, o que se sente cando se está nun lugar con moito fume e temos que valernos dun brazo para orientarnos e atopar unha saída. 

Marchamos todas e todos máis concienciadas/os dos perigos que entraña o lume e coñecendo un pouco mellor como loitar contra el no caso de que se produza.

Moitas grazas a todas as persoas implicadas neste proxecto por contar connosco!!

   

 

                                

 

                        

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet