CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o día 26 de novembro levouse a cabo no centro unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero: "QUEN DIXO MEDO?"

Para o alumnado de 6º de Educación Infantil impartiuse un contacontos e obradoiro de manualidades.

O conto constitúe un instrumento emocional e claramente socializador en idades temperás; que, por unha banda, permite o acceso ao mundo da lectura e da escritura, aproximando aos mais cativos a un mundo atractivo, fascinante e interesante, e por outra, será o vehículo ideal para aproximar aos mais pequenos/as, a aspectos e valores como a convivencia, a tolerancia, a creación de lazos de unión, o fomento da imaxinación e a creatividade, que resultan fundamentais para traballar a educación en valores.

Para o desenvolvemento da actividade de sensibilización levouse a cabo a lectura do conto "QUÉROTE CASE SEMPRE" da autora Anna Llenas. Este álbum ilustrado, narra a historia de amor entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan para convivir en harmonía.

Tomando como fío condutor a lectura do conto, abórdanse diversas cuestións para axudar aos mais cativos/as a afianzar conceptos básicos para a súa vida cotiá e para a correcta construción da súa identidade. Aprenden dunha forma sinxela e motivadora, ao tempo que se favorecen dinámicas como o traballo en grupo, a colaboración, o diálogo...

Para concluir a actividade, cada neno e nena selecciona unha persoa que será a destinataria dunha tarxeta de felicitación que elaboran empregando diversos materiais e artes plásticas.

Os obxectivos son os seguintes:

- Establecer relacións equilibradas, solidarias e construtivas.

- Apreciar a importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia e actuar conforme a eles.

- Ensinar aos máis cativos/as a desenvolver conductas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia.

- Aprender a expresar as emocións de maneira axeitada evitando os insultos, agresións e gritos.

 

 

Para o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, levouse a cabo unha GYMCANA COEDUCATIVA "Sen Violencia, sen medo".

A educación e valores das nenas e nenos acaban sendo os vimbios que contitúan a súa futura personalidade, e os vimbios terán que fundamentarse en actitudes e formas alternativas que fomenten o equilibrio, a corresponsabilidade e a sensibilidade polo tanto deben obviar e desterrar os estereotipos sexistas que fundamentan as desigualdades e que teñen como consecuencia a violencia de xénero.

A actividade consiste en:

- Detectar e escapar dos estereotipos e prexuízos que nos veñen impostos pola sociedade.

- Aprender a respectar aos outros, o seu espazo, o seu corpo,etc.

- Coñecer o significado da violencia de xénero e todo o que conleva.

- Recoñecer que é un abuso, unha ameaza e promover unha actitude de rexeitamento de tales comportamentos.

- Mostrar e visibilizar a gravidade da violencia de xénero dentro dos centros educativos.

Na Gymcana empregouse o xogo como ferramenta de aprendizaxe, ademais de cumprir á vez unha función socializadora. A través de diversas probas foise falando aos nenos e nenas sobre temas tan transcendentais como a invisibilidade das mulleres, da influenza dos roles e estereotipos na creación da identidade e da visión que temos dos demais, da violencia e as formas de exercela. Hai que loitar contra a violencia de xénero a través da loita pola igualdade.

EN PRIMEIRO SEGUIMOS LOITANDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe foi o día do estreno,da grabación da PERFORMANCE para loitar pola igualdade de sexos e que non haxa máis violencia de xénero.

Rexeitamos o  malo e o feo e abrazamos o bonito e bó...xestos que nos axudan a ser máis felices con nós pero tamén con vós...

Todo empezou con unha chuvia de verbas que consederábamos boas e bonitas  que sí nos gustan e agradan en contraposición doutras feas e malas, que non nos gustan:

 

                                                                     

 

       

    

                                                                        

 

Logo veu a preparación, os ensaios, a coreografía do PERFORMANCE...MOMENTOS MOI DUROS E CUSTOSOS!!!! pero fomos salvando obstáculos e coa colaboración das nosas familias no vestiario... conseguímolo!!!!

 

Queremos axudar!

 

Felices

 

Aflixidas
Toca que vexades a PERFORMANCE xa grabada...e para que entendades o signicado da mesma, ímosvos explicar:
Representamos a procura da igualdade onde abundan os momentos felices, cheos de luz e claridade, deixando atrás os momentos tristes e escuros. Estes momentos representámolos con diferentes palabras, boas e malas, impostas pola sociedade, polo mundo no que vivimos.. e por iso representamos un paseo das mulleres por un corredor simbólico recollendo e facendo súas as boas, as doces, as cheas de dozura e alegría ...xa que somos iguais e temos dereito a eses momentos.
 

     

 
Agardamos vos guste!!!!!!

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A violencia de xénero é, por desgraza, unha das violacións dos dereitos humanos máis extendidas.

En pleno século XXI segue sendo necesario un día como o do 25 de novembro para loitar contra a eliminación da violencia de xénero nas súas distintas formas e sensibilizar á sociedade respeto a este problema.

Desde o noso centro, tamén queremos aportar o noso gran de area, polo que traballamos e sensibilizámonos sobre o tema.

O alumnado de 5º B foi o encargado de realizar o mural da entrada. Fixádevos, vós de que equipo sodes? Nós témolo moi claro!

Ademais, cada nivel aprendeu e reflexionou sobre este problema, e elaborou diferentes murais e traballos. 

                                                                               

 

Aprendemos a berrar moi forte: NON á violencia de xénero!

 

 

 

 

NUBE BRANCA...PLAN LECTOR 1º E 2º NIVEL

 
As familias de 1º e 2º nivel adquiriron exemplares do libro titulado NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA, para que poidese vir ao cole a dar unha charla o escritor desta obra.
Sí, sí o mesmo Pablo Nogueira estivo con nós de catro a cinco, contándonos a historia da protagonista que persigue un soño ata que logra conseguilo pedindo axuda aos seres máis achegados. Contounos moitas cousas:
-En que se inspirou: De moi pequeno encantábanlle as películas do oeste americano con vaqueiros e indios. 
-Para que idades sole escribir:  infantil e primaria.
-De que traballa: mestre nun CRA no Carballiño.
E moitas máis cousas, ademáis de adicarnos o seu autógrafo nas pastas do libro: xa temos un pequeno gran tesouro do camiño a percorrer en primaria.
Os nenos e nenas de primeiro agasallámolo cun fermoso mural feito por nós, do Sistema Solar e cos diferentes personaxes  do conto, ademais dunha carpeta repleta de debuxos adicados a el e a Nube Branca.
Pablo Nogueira encantounos o libro!!!!
 

 

 
 
 
 
 
 

 

 

Estivemos traballando toda a mañá, preparando as vinchas de indio, o mural...pero valeu a pena cando vimos a cara de alegría de Pablo.

 

 

PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA: Introdución á robótica

Este curso 2018/19, o CEIP de Arzúa participa na ampliación da iniciativa proposta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Programa de innovación educativa "Introdución á robótica"


Esto implica estar dentro dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) relacionado coas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Inxeniería, Arte e Matemáticas).

Nesta iniciativa participa profesorado tanto de Infantil como de Primaria, 

En Primaria empregaranse os seis Kits de robótica que enviou a Consellería o curso pasado, os M-BOT, baseándonos na linguaxe de programación Scratch. Os robots constrúense cos elementos destes Kits.

En Infantil non se dispoñía de soporte específico para este proxecto, polo que grazas á subvención concedida polo Concello de Arzúa, xa contamos no centro con dous BEE-BOT. Estes robots educativos, con forma de abella, moi sinxelos de programar para nenos e nenas de 3 a 7 anos, farán que os máis cativos se introduzan e aprendan a robótica xogando, axudándolles a potenciar a curiosidade innata, a través de actividades divertidas, dinámicas e moi creativas. Soporte financiado polo Concello de Arzúa.

25 de NOVEMBRO...NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

                 
 
 
 
Os nenos e nenas de Primeiro de Primaria ao ritmo da canción de Rozalén, abarcando a iniciación na linguaxe de signos...preparamos un fermoso mural sobre o que hai detrás da porta violeta: só cousas bonitas: sorrisos, felicidade, alegría, claridade e moita luz para deixar isto atrás e por fin...
 
SER TODOS E TODAS IGUAIS
 
 
Ademais personalizar a canción desta cantante que tanto nos gusta, por moitas razóns!!!! 
 
 



Empregamos este vídeo como modelo para aprender un pouco máis sobre a linguaxe de signos e interpretar este fermosa canción de todas as maneiras posibles para que a sua mensaxe chegue ao maior número de persoas
 
 


NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS CONTAREMOS COA VISITA DA COMPAÑÍA DE TEATRO "GALEATRO"

Este curso 2018-19 poderemos gozar do espectáculo "O xogo das letras", a cargo da compañía de teatro Galeatro, de Carballo. Nesta obra de teatro, o protagonista terá que superar unha serie de probas relacionadas coa cultura, a literatura e a xeografía galegas. Trátase de achegarnos á vida e obra do autor homenaxeado: Antonio Fraguas, dunha maneira amena, así como á doutros autores homenaxeados/as en edicións anteriores. 

A actuación terá lugar no salón de actos do noso centro o 10 de maio de 2019, formando parte das actividades que organiza o EDLG con motivo das Letras Galegas. Realizaranse dous pases, un para o alumnado de Ed. Infantil e outro para o de E. Primaria. 

O Concello de Arzúa vén de concedernos unha subvención ao CEIP de Arzúa que nos permite financiar esta actividade!!

 

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 

O 20 de novembro conmemórase o Día Universal dos Nenos e Nenas. É un día de celebración polos avances conseguidos, mais sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar.

Por iso, no noso centro realizamos diversas actividades:

- Elaboración dun mural feito polo alumnado que leva como título "Dereitos da infancia. Deféndeos, respéctaos". Quedou así de bonito!

- Visita á Casa da Cultura. O Departamento de Cultura do Concello ofertou diferentes obras teatrais dirixidas a todos os nenos e nenas do colexio para celebrar este día:

 

O luns foron os rapaces e rapazas de Educación Infantil a ver unha representación teatral.

                              

 

O martes asistiu o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria a ver o espectáculo "Contos de recreo" de Redrum Teatro.

 

O mércores acudiron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria a ver a obra "Leonardo e os fontaneiros" de Ubú Teatro.

                                       

 

- Traballamos e aprendemos sobre a temática nas aulas.

 

Foron uns días moi divertidos nos que aprendemos algo máis sobre os Dereitos que teñen todos os Nenos e Nenas do mundo!

 

TALLER DE PROFESIÓNS EN PRIMEIRO... creador/a de cómics

Xa somos escritores e debuxantes de cómics...creamos e deseñamos personaxes para os nosos cómics e agora tocou escribilos, empregando todos os elementos dun cómic xunto co programa COMIC LIFE...e introducindo un novo contido: as onomatopeias

 

 

 

DIA DA INFANCIA NO 1º NIVEL

 

 

 

 

HOXE O 20 DE NOVEMBRO, DIA DA INFANCIA CELEBRÁMOLO AO GRANDE CON MURAL E A ASISTENCIA A UN MUSICAL NA CASA DA CULTURA ONDE UNHA NENA CHAMADA ALICIA CONTA O QUE HAI QUE FACER PARA SER UNHA BOA PERSOA, NON ACOSADORA E SER FELIZ NUN FUTURO CHEO DE AMIGOS E AMIGAS.

MALICIA CONVERTEUSE EN ALICIA...BRAVO!!!!!!!!!

 

Se queredes ver mais detalles preme na foto

Powered by Drupal - Design by artinet