DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Hoxe, 24 de febreiro, é a data de aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras galegas máis internacionais que soubo plasmar moi ben os sentimentos que lle espertaba a súa terra nos seus poemas.

                                                                

Durante a semana, fixemos un mural común que levaba por título "Galiza no meu pensamento", onde cada curso enscribiu e ilustrou, na silueta dunha bolboreta, algúns dos seus poemas que falaban da nosa terra. Neste mural, aparece a imaxe da escritora, que deixa voar libremente o seu pensamento, como bolboretas que voan de flor en flor, bebendo do néctar das flores.

                                                            

Un ano máis, quixemos rendirlle unha pequena homenaxe lendo algúns fragmentos dos seus poemas onde Rosalía enxalza a nosa terra.

O acto tivo lugar o venres, 22 de febreiro no salón de actos. Comezamos vendo un vídeo dos Bolechas onde as personaxes recitaban e cantaban diferentes poemas da escritora.

                                        

A continuación, uns representantes de cada curso subiron ao escenario a ler os seus poemas:

                                   

      

                                       

       

Tamén nos sumanmos á iniciativa que pon en marcha a Fundación de Rosalía de Castro: "Caldo de gloria" inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", de "Follas Novas", no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir, e que o consegue facendo un humilde caldo de gloria.

Por isto, o luns, 25 degustaremos no noso comedor un saboroso caldo galego na honra a esta escritora.

Os compañeiros e compañeiras de 5º B leron ese poema:

                                                                                           

Para rematar o acto, todos e todas catamos o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" acompañados dos mestres Lois e Jose Luis e das súas guitarras.

                                 

Feliz Día de Rosalía!

 

 

ABRÍMONOS!!!!!

UN NOVO TRABALLO DO ALUMNADO DO PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA !!!!

 UNHA NOVA PROFESIÓN, DESEÑADOR/A DUNHA CAMISETA MOI PARTICULAR...

PREME NA IMAXE SE QUERES VER DE QUE VAI!!!!

 

PAULA CARBALLEIRA VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe recibimos no noso colexio á escritora Paula Carballeira, que lles veu falar ao alumnado de 5º E. Primaria do seu libro "Bruxa e familia". Este é un libro para os que queren superar os seus medos, para os curiosos e curiosas, para os que non foxen das teas de araña... 

Paula contounos que no seu libro hai unha parte de realidade e outra de ficción. E relatándonos esas verdades que aparecen nel, achegámonos un pouco máis á vida e personalidade desta escritora que nos cativou a todas e a todos.   

                             

                        

Grazas Paula por axudarnos a mirar ao noso redor con outros ollos, por reivindicar o respecto polos animais, por destacar o valor de persoas tan entrañables nas nosas vidas como os nosos avós e avoas... e por recoller todo isto nun libro.

CONTACONTOS "LEONOR Y LA PALOMA DE LA PAZ"

Un grupo de alumnos e alumnas que colaboran voluntariamente coa Biblioteca Escolar, dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias, e que contribúen dun xeito solidario a dinamizar a biblioteca, organizaron, xunto co profesorado de Biblioteca ,unha actividade de lectura compartida con motivo da conmemoración do Día da Paz. Nove alumnos e alumnas colaboradores prepararon o conto "Leonor y la paloma de la paz" co fin de motivar e facer gozar ao alumnado de Educación Infantil do mundo do contos e espertar neles o interese polos libros.

 

Tamén dialogaron cos máis pequenos sobre a mensaxe de empatía e amizade que había no conto narrado. 

 

E cantaron todos xuntos pola amizade e a paz.

 

Grazas a todo o alumnado colaborador da Biblioteca pola súa labor altruísta e desinteresada.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Un ano máis, o día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Dende a Biblioteca Escolar apostamos pola educación e a cultura como armas poderosas que poden cambiar o mundo. As bibliotecas son armas de instrución cargadas de futuro. Nelas atopamos os mellores instrumentos para entender a importancia da empatía, da convivencia e da resolución pacífica de conflictos. Apostamos pola cultura da paz que amosa o noso mural cheo de libros que os nenos e nenas de E.Infantil e Primaria leron, traballaron e nos que descubriron valores de paz, tolerancia, amizade, respecto, empatía, diálogo... como formas de derrotar culturamente á violencia.

Todos estas reflexións foron logo postas en común nun pequeno acto conmemorativo que levaba por título: "Para que haxa paz...¨"

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

 

Un ano máis, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria foron os encargados/as de elaborar o mural da entrada. Fixeron este Abecedario da Paz que lles quedou tan chulo.

Foron moitas as mulleres e os homes que loitaron pola Paz Universal. E, neste día, os colexios convertémonos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Nós, aportamos o noso gran de area. Durante toda a semana estivemos traballando e concienciándonos sobre o tema e lemos contos relacionados con esta temática. A raíz disto, fixemos un mural en común que leva por título "Armas de instrución masiva" no que aprendemos que os libros son as nosas mellores ferramentas para abrir as portas a diferentes mundos, realidades, vidas...cos que aprendemos valores tan importantes como a inclusión, a tolerancia, a igualdade... que nos poden axudar a conseguir un mundo máis xusto.

                                        

O 30 de xaneiro tamén conmemoramos este Día da Paz cun acto no que elaboramos o noso Manifesto pola Paz 2019, que leva por título "Para que haxa Paz...", onde cada clase incluiu unha pequena reflexión sobre o que nos aportaron os libros que traballamos na aula. Uns representantes de cada clase foron os encargados/as de ler e poñer no mural o seu Manifesto.

 

                                                               

                                                           

 

Así quedou finalmente o mural que levaba por título "Para que haxa Paz..." :

                             

 

Para pechar o acto, gozamos cantando e interpretando todos xuntos e xuntas a canción "Chea de vida" de Guadi Galego. Con ela fixemos un esforzo acompañando a canción coa linguaxe de signos, porque hai moitas persoas que teñen que botar man desta linguaxe para comunicarse. Así queremos deixar claro que todas e todos temos cabida na familia, no colexio, na sociedade e no mundo, porque cada unha e cada un de nós aporta ALGO.

                               

E recordade: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño".

 

 

MANIFESTO POLA PAZ 2019

"Para que haxa Paz..."

  • Hai que cambiar o odio por amor.

  • Temos que xogar sen pelexar e respectarnos. Xogar a Paz.

  • Non pelexamos.

  • Paz é coidar a natureza.

  • Todos/as temos que colaborar.

  • Temos que saber convivir cos demais con respecto, tolerancia e empatía.

  • Espero que nós, coma os paxaros, logremos atopar un lugar onde vivamos en Paz.
  • Todos/as debemos ser pombas da Paz. Non podemos pelexar. Debemos axudarnos. Debemos respectarnos. Temos que dicir: non ao bulling.

  • Debemos valorar aos amigos/as. Respectar as opinións. Aprender a escoitar. Cumplir coas nosas responsabilidades. Compartir as nosas cousas. Ser xenerosos/as. Esforzarnos e saber perdoar.

  • Todo o mundo terá que vivir en paz e armonía.

  • Nas nosas familias debemos loitar pola igualdade: repartindo as tarefas domésticas por igual entre os homes e as mulleres; desterrando as actitudes machistas desenvolvidas por calquera membro da familia; dispoñendo máis ou menos do mesmo tempo para descansar e facer as cousas que nos gustan a todos e a todas; participando en actividades deportivas, lúdicas e de lecer, independentemente do noso sexo.

  • Temos que respectar todas as cores de pel.

  • Nunc minerva postea palas.

PROGRAMA LEITE ESCOLAR E FROITA NA ESCOLA

Neste curso 2018/2019, o centro participa no programa "Leite Escolar" e "Froita na escola". O luns 28 de xaneiro comenza o reparto de leite a todo o alumnado do centro, ata o 28 de febreiro e continúase co reparto de froitas de inverno unha semana máis.

FESTIVAL DE NADAL 2018

 

 

O venres, 21 de decembro celebramos o noso ansiado Festival de Nadal. Foi unha xornada moi devertida, de nervios e felicidade!

O día comezou da mellor maneira: Papa Noel e o Apalpador visitáronnos polas aulas! Tivemos a oportunidade de falar con eles e, ademais, trouxéronnos unha rica merenda. Moitas gracias á ANPA por facelo posible.

                                           

Logo, tivo lugar o Festival de Nadal 2018 no salón de actos. Tivemos de todo: bailes, teatro, recitado de poemas... gozamos un montón!

A continuación, faremos un pequeno resumo deste acto tan navideño e importante para nós porque todos os compañeiros e compañeiras, profesorado e familiares puideron gozar das actuacións que preparamos con tanta ilusión.

 

3 anos A de Educación Infantil: Polo Nadal, turrón e mazapán.

3 anos B de Educación Infantil: Navidad Rock.

                                      

4 anos A de Educación Infantil: Zumba Kids "Feliz Navidad".

4 anos B de Educación Infantil: Rudolph el reno.

                                  

5 anos de Educación Infantil: Vuela, vuela.

6º B de Educación Primaria: Teatro: A foto de Nadal.

                                

1º de Educación Primaria: Remix do Nadal: Christmas Lady Gaga

5º B de Educación Primaria: Poemas: "Eu nacín..."

                                                 

2º de Educación Primaria: La estrella de la Navidad.

 

3º de Educación Primaria: Es Navidad.

                                               

5º A de Educación Primaria: : Flashmob de dous cadros de de Murillo.

4º de Educación Primaria: Hecho con tus sueños.

                                                 

6º A de Educación Primaria: Voltamos aos anos 80.

 

Pero isto non rematou aqui! Para finalizar o acto, tivemos a visita Reis Magos! Melchor, Gaspar e Baltasar, escoitaron os nosos desexos, recolleron algunhas cartas e regaláronnos uns caramelos!

                                            

Foi, sen dúbida, a mellor maneira de despedir este trimestre e dar comezo ás vacacións de Nadal.

Gracias a todos por facelo posible!

Felices festas!

 

 

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DESÉXANVOS BO NADAL!

Con este pequeno vídeo queremos amosarvos un pequeno resumo do noso festival de Nadal.

Que artistas son estes pequech@s!

Powered by Drupal - Design by artinet