"A HISTORIA EN FEMININO" COA ASOCIACIÓN LISÍSTRATA

Hoxe, 7 de marzo, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º E.Primaria acudimos á Casa da cultura de Arzúa para asistir a unha charla da Asociación Cultural Lisístrata. 

Da man de Ana Hermida, fixemos un percorrido pola vida de moitas mulleres invisibilizadas pola historia. Os seus vídeos axudáronnos a descubrir o labor tan importante das mulleres en ámbitos tan diferentes como o deporte, a ciencia, o dereito... 

"A historia en Feminino" é unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Arzúa, dentro da programación municipal elaborada con motivo do Día Internacional da Muller. Grazas por contar connosco!!

    

      

 

ENTROIDO 2019

 

Por fin chegou unha das celebracións que máis nos gusta: o Entroido!

Os rapaces e rapazas de 3º foron os encargados/as de facer o mural da entrada, que leva por 

título: "Así celebramos o Entroido no noso cole!". Quedoulles así de chulo!

O pasado venres, 1 de marzo celebramos o Entroido 2019. Foi un día de nervios, diversión, alegría... e estivemos encantados e encantadas de poder amosarvos os nosos disfraces que preparamos con tanta ilusión.

A temática deste ano é o Patrimonio cultural de Arzúa, así que poidemos gozar vendo diferentes disfraces de cousas, produtos, festas, personaxes… típicos da nosa terra.

Fixemos un desfile no pavillón do Viso, no que presentamos as diferentes comparsas. Esperamos que vos gustaran e que gozarades tanto coma nós!

                                                   

A apicultura está moi presente na nosa terra. Por iso vos presentamos ás verdadeiras protagonistas que fan que teñamos un mel tan saboroso en Arzúa, as abellas de Educación Infantil.

 

A gandería tamén está moi presente na nosa zona. É a principal actividade económica no noso concello, así que aquí vai unha mostra das mellores vacas e touros da nosa terra representados polos nenos e nenas de .

                                                    

Toda explotación gandeira necesita xente que traballe con ansia, esforzo e vontade. Presentámosvos, a continuación, aos mellores gandeiros, gandeiras, feirantes e tratantes de Arzúa representados polos compañeiros e compañeiras de 2º.

 

O Concello de Arzúa é un importante municipio galego no Camiño de Santiago. Centos de peregrinos pasan polas nosas rúas cada día facendo o camiño, e aquí temos unha mostra diso. Presentámosvos aos peregrinos, peregrinas e indicadores do camiño que están facendo a última etapa antes de chegar a Santiago representados polos rapaces e rapazas de 3º.

                                                            

 

 

En toda festa, sempre hai música. E en Arzúa sabemos moi ben diso. A Banda de Música de Arzúa, despois de moitos anos de éxitos, actuou para todos e todas nós, cun dos seus clásicos. Estivo representada polos compañeiros e compañeiras de 4º.

 

 

Que é Arzúa sen queixo? É coñecida como a “Terra do Queixo”, coa Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un dos principais embaixadores da zona. A continuación, presentámosvos ás nosas mellores queixeiras e queixeiros que nos trouxeron estes saborosos queixos da nosa terra, representados polos rapaces e rapazas de 5º.

                                               

Por último, presentamos aos mellores xinetes e amazonas do Concello representados polos nenos e nenas de que se están preparando para a próxima Ruta Cabalar de Arzúa.

 

E ata aquí chegou o noso desfile, no que como vistes, houbo unha pequena representación das mellores cousas da nosa terra. Esperamos que vos gustara e gozarades tanto coma nós!

 

Feliz Entroido!

A APICULTURA:ACTIVIDADE GANDEIRA DO SECTOR PRIMARIO

Xa rematamos con gando bovino, agora toca a apicultura, actividade moi arraigada na nosa comarca de Arzúa.
 
Collimos a carpeta de Patrimonio de Arzúa e adiante co esta parte do proxecto, que vai rematar cunha saída ao ENREDO DO ABELLEIRO, en Dombodán, o 12 de marzo, onde, alí, nos convertiremos en verdadeiros apicultores e apicultoras
 
Abellas, tipos de abellas, panais, colmeas...un sinfín de contidos que ao remate deste mes de marzo terminaremos dominando!!!!
 

    

     

 
 

ENTROIDO 2019 1º PRIMARIA

Despois de duras e intensas xornadas de ensaios, por fin chegou o gran día: O FESTIVAL DE ENTROIDO, no que participamos cunha pequena coreografía de vacas e toros, como fin de festa dunha parte do proxecto le vado na aula: ACTIVIDADES ECONÓMICAS DE ARZÚA.
  
 
 
 

CESTA PREMIADA!!!

Hoxe no cole sorteamos a cesta de entroido e o NÚMERO PREMIADO é o 01283.

O agraciado ou agraciada deberá presentar o boleto premiado  para poder recollela no Ceip de Arzúa. O prazo límite para poder retirala é ata xoves 7 de marzo de 2019, en caso de que non apareza, procederase a un novo sorteo o venres 8 de marzo.

 

NÚMERO PREMIADO 01283!!!!

Rifa da cesta para a viaxe a neve no festival de ENTROIDO

https://xogadearzua.blogspot.com/2019/02/cesta-do-entroido.html

CESTA DO ENTROIDO!!!

Xa chegou o Entroido!!!... e cada vez estamos máis preto da nosa viaxe á neve.....
Traballamos con ilusión e entusiasmo para poder aumentar un día máis de estancia en San Isidro, por iso decidimos sortear unha cesta con productos do entroido e avaratar así o custo desta saída deportiva.
Dende aquí, os alumnos e alumnas de quinto e sexto,  queremos agradecer a todas aquelas personas, que dun xeito ou outro, apoiaron a nosa iniciativa e participaron nela.
Moitassssss graciassss!!!
Lembrade que este VENRES, 1 DE MARZO,  despois do desfile de entroido, que terá lugar no pavillón de O Viso,  sortearemos a CESTA DO ENTROIDO.

CESTA DO ENTROIDO!!!

Xa chegou o Entroido!!!... e cada vez estamos máis preto da nosa viaxe á neve.....

Traballamos con ilusión e entusiasmo para poder aumentar un día máis de estancia en San Isidro, por iso decidimos sortear unha cesta con productos do entroido e avaratar así o custo desta saída deportiva.

Dende aquí, os alumnos e alumnas de quinto e sexto,  queremos agradecer a todas aquelas personas, que dun xeito ou outro, apoiaron a nosa iniciativa e participaron nela.

Moitassssss graciassss!!!

Lembrade que este VENRES, 1 DE MARZO,  despois do desfile de entroido, que terá lugar no pavillón de O Viso,  sortearemos a CESTA DO ENTROIDO.

CONCERTO DA CANTANTE GALEGA UXÍA, NA CASA DA CULTURA DE ARZÚA

Hoxe, 25 de febreiro, o alumnado de Infantil- 5 anos e o de 1º e 2º de E.Primaria puideron gozar escoitando á cantante galega Uxía, nun concerto homenaxe a Rosalía de Castro. O acto tivo lugar ás 11:30 h na Casa da cultura de Arzúa. Algúns dos nosos alumnos e alumnas animáronse a subir ao escenario e acompañar a Uxía nalgún dos seus temas.

   

 

Aquí vos deixamos un vídeo, que recolle un momento da actuación desta cantante galega. 

 

GALMESANO:UN EXEMPLO DE INDUSTRIA DO QUEIXO EN ARZÚA

Dento do tema proposto pola Biblioteca seguimos estudando os sectores económicos de Arzúa, nesta ocasión tócalle ao sector secundario. Para iso, ademais, visitamos a GALMESANO, unha das fábricas de queixo en Arzúa.

Para ver máis preme na imaxe

 

Powered by Drupal - Design by artinet