ENTROIDO 2019

 

Por fin chegou unha das celebracións que máis nos gusta: o Entroido!

Os rapaces e rapazas de 3º foron os encargados/as de facer o mural da entrada, que leva por 

título: "Así celebramos o Entroido no noso cole!". Quedoulles así de chulo!

O pasado venres, 1 de marzo celebramos o Entroido 2019. Foi un día de nervios, diversión, alegría... e estivemos encantados e encantadas de poder amosarvos os nosos disfraces que preparamos con tanta ilusión.

A temática deste ano é o Patrimonio cultural de Arzúa, así que poidemos gozar vendo diferentes disfraces de cousas, produtos, festas, personaxes… típicos da nosa terra.

Fixemos un desfile no pavillón do Viso, no que presentamos as diferentes comparsas. Esperamos que vos gustaran e que gozarades tanto coma nós!

                                                   

A apicultura está moi presente na nosa terra. Por iso vos presentamos ás verdadeiras protagonistas que fan que teñamos un mel tan saboroso en Arzúa, as abellas de Educación Infantil.

 

A gandería tamén está moi presente na nosa zona. É a principal actividade económica no noso concello, así que aquí vai unha mostra das mellores vacas e touros da nosa terra representados polos nenos e nenas de .

                                                    

Toda explotación gandeira necesita xente que traballe con ansia, esforzo e vontade. Presentámosvos, a continuación, aos mellores gandeiros, gandeiras, feirantes e tratantes de Arzúa representados polos compañeiros e compañeiras de 2º.

 

O Concello de Arzúa é un importante municipio galego no Camiño de Santiago. Centos de peregrinos pasan polas nosas rúas cada día facendo o camiño, e aquí temos unha mostra diso. Presentámosvos aos peregrinos, peregrinas e indicadores do camiño que están facendo a última etapa antes de chegar a Santiago representados polos rapaces e rapazas de 3º.

                                                            

 

 

En toda festa, sempre hai música. E en Arzúa sabemos moi ben diso. A Banda de Música de Arzúa, despois de moitos anos de éxitos, actuou para todos e todas nós, cun dos seus clásicos. Estivo representada polos compañeiros e compañeiras de 4º.

 

 

Que é Arzúa sen queixo? É coñecida como a “Terra do Queixo”, coa Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, un dos principais embaixadores da zona. A continuación, presentámosvos ás nosas mellores queixeiras e queixeiros que nos trouxeron estes saborosos queixos da nosa terra, representados polos rapaces e rapazas de 5º.

                                               

Por último, presentamos aos mellores xinetes e amazonas do Concello representados polos nenos e nenas de que se están preparando para a próxima Ruta Cabalar de Arzúa.

 

E ata aquí chegou o noso desfile, no que como vistes, houbo unha pequena representación das mellores cousas da nosa terra. Esperamos que vos gustara e gozarades tanto coma nós!

 

Feliz Entroido!

Powered by Drupal - Design by artinet