DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

 

O Día Internacional da Muller Traballadora conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o 8 de marzo.

Nós tamén nos quixemos sumar a esta loita e aportar o noso gran de area. Cada titoría traballou sobre a temática, e ademáis fixemos unha actividade común. Cada clase escolleu a figura dunha muller galega para traballar na aula. Logo, fixemos a icona da muller e dentro colocamos a imaxe da muller escollida, a súa profesión e información máis relevante da mesma. Estes traballos colocámolos na porta de cada clase e luciron así de bonitos!

                               

                     

   

 

             

                 

 

                

 

Mulleres que traballamos:

 

Chus lago: alpinista

Isabel Barreto: a primeira almiranta

Celia Rivas: primeira camioneira de España.

Irene González: futbolista

Ana Peleteiro: atleta

Virxinia Wolf: escritora

Maruxa Mallo: artista

Manuela Barreiro: primeira galega licenciada

María Barbeito: mestra

Ángela Ruiz: mestra e inventora

Isabel Zendal: enfermeira

María Castaña e María Pita: heroínas

Mª Luz Morales: periodista

 

PERE TOBARUELA VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe visitou a nosa biblioteca o escritor Pere Tobaruela, e veu falar do seu libro "A boa e a avoa" ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. Benvido!

                                                          

Primeiro presentouse, e falounos un pouquiño da súa vida. Logo, unha vez que o coñecemos un pouco máis, xa pasamos a falar do conto.

Interactuou con nós facéndonos preguntas sobre o libro: sobre que trataba, opinións sobre feitos que ocorreron na historia, cousas que gustaran e non do conto ou cal foi a nosa personaxe favorita.

Foi gracioso e sempre nos facía bromas!

 

 

Unha vez que coñecemos máis segredos da historia contada neste libro, e despois de facerlle moitas preguntas sobre o mesmo, reflexionamos sobre moitos valores que transmitía esta historia na que a protagonista é unha nena chamada Ona á que lle gusta moito ler. Esta nena, encontra un libro titulado "Historias vividas" na casa da súa querida avoa Uxía, que resultou ser máxico, pois so ela era capaz de lelo! Recordou as palabras que lle dixera a avoa: "Os teus ollos escribirán", e desde aquela ela era quen de inventar e contar moitas historias.

                                                                

Pere explicounos que con esta historia quería que se valorase máis aos nosos maiores, que se visibilizasen máis algunhas enfermidades, como o alzheimer, ou se normalizasen temas como a morte, mostrando a maior naturalidade.

 

Recalcou tres cousas que para el eran importantes: as neuronas, a imaxinación e os libros. E quedámonos cunha frase que dixo: "Os libros son ventás abertas polas que miramos a elas".

 

Rematamos a sesión cunha das partes que máis ilusión nos facía: ter o libro asinado e adicado en exclusiva para nós!

 

 

                                                                                    

 

Foto de despedida de todo o alumnado de 3º e 4º con Pere Tobaruela. Grazas Pere!

                                 

21 DE MARZO: DÍA DOS BOSQUES no 1º nivel de primaria

 

21 de marzo: DÍA DOS BOSQUES
 
O 21 de marzo é o Día Internacional dos Bosques segundo a ONU.
Aportan moitos beneficios ao planeta Terra e aos seres humanos aportándonos osíxeno, eliminan CO2, son cobixo de infinidade de ecosistemas, mitigan o cambio climático, reducen a contaminación acústica nas ciudades, obtéñense alimentos e mediciñas, posibilitan hábitos  de vida activos e saudables.
 
Na clase de primeiro nivel imos celebralo a nosa maneira, poñendo en marcha a ARBOTERAPIA (abrazar unha árbore para sentirse mellor, reduce o estrés, cura enfermedades…), para devolverlle aos bosques os seus favores.


 





E con esta actividade participamos no blogue https://antesdequeseatarde2018.blogspot.com/  que forma parte dun traballo do FSCI en colaboración con National Geographic  BEFORE THE FLOOD.

DÍA DA FELICIDADE NO PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA

O Día Internacional da Felicidade celébrase o mércores 20 de marzo de 2019.


A felicidade é un sentimento moi subxectivo, algúns/has incluso pensan que a felicidade está sobrevalorada. Hai moitas situacións que poden facernos felices: coñecer un bo amigo, un bo libro, un solpor, un cómic, unha nova ilusión ou un simple recordo do pasado.

 

Cada persoa é un mundo en sí e a felicidade poder ser causada por moitas cousas.

 

Citas famosas sobre a felicidade:

 

 

 

 

A APICULTURA EN ARZÚA

Os nenos e nenas de primeiro e segundo nivel de primaria saímos por terceira vez este trimestre!!!!

Mais vale unha imaxe ou varias que mil palabras!!!!

Foi unha saída moi emocionante, chea de momentos moi bos ricos en vivencias, coñecementos e diversión!

 

 

 

E como esta semana foi a da prensa, decidimos convertirnos en redactores e corresponsais para facer estas fermosas reportaxes xobre a nosa saída,  traballos onde se pon demanifesto os diferentes elementos dunha noticia:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS " DANIELA PIRATA "

Un grupo de alumnos e alumnas que colaboran de forma voluntaria coa biblioteca escolar, dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias, prepararon un conto titulado "Daniela Pirata" para cotárllelo aos nenos e nenas de Educación Infantil. Como vimos de conmmemorar o Día Internacional da Muller, a historia escollida ten como protagonista a unha nena que nos amosa que, o importante na vida para conseguir o que queremos ser, son as nosas capacidades e a nosa actitude, non a nosa indentidade sexual. A discriminación de xénero é unha das máis terribles e duras de erradicar nas culturas. "Daniela Pirata" é un conto que reflicte a necesidade de valorar ás persoas polas súas competencias e que rompe cos estereotipos de xénero. A protagonista da historia, que se chama Daniela, ten un soño: formar parte da tripulación do temible barco pirata "Caimán Negro". Con intelixencia, forza, valentía e axilidade conseguirá facelo realidade a pesar das dificultades que lle pon o capitán da embarcación, que chega incluso a rexeitala por ser nena. Pero Daniela contará co apoio do resto dos mariñeiros da tripulación que berran "non" ante esta inxustiza.

 

  

Tamén dialogaron cos máis pequenos sobre os valores que transmite o conto, e xuntos chegaron á conclusión de que: as nenas e os nenos poden ser o que eles queiran e lles guste.

 

 

E para finalizar cantaron xuntos pola igualdade e o respecto.

 

Foi unha experiencia bonita e gratificante para pequenos e maiores e dámoslle novamente as grazas ao alumnado colaborador da biblioteca polo seu labor solidario e xeneroso.

 

 

 

8 de Marzo: Día da Muller tamén no CEIP de Arzúa

CATA DE QUEIXO NA AULA DE 6º B

O xoves 7 de marzo, na aula de 6º B, tivo lugar unha cata de queixo.

Primeiro, os nenos e nenas visualizaron un vídeo no que mostraba o proceso que se segue para a elaboración do queixo.

Logo, explicóuselles como se cubre a ficha da cata, tratando os distintos aspectos que hai que ter en conta.

Finalmente, probamos os queixos: fresco, semicurado e curado.

 

 

  

 

8 DE MARZO: Día da muller traballadora en Educación Infantil

 

 

 

Para ver o vídeo non tes máis quepremer na imaxe e desfrutalo.

 

ENTREGAMOS A CESTA!!!

Hoxe volvemos a sortear de novo a cesta de entroido, xa que o boleto premiado o venres 1 de marzo, non apareceu.

Fixemos o sorteo na hora do recreo e o número premiado é o......

 01547

 Puxémonos en contacto coa persoa agraciada que se presentou non Centro co boleto premiado para recoller a cesta.

 NORABOA!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet