CHARLA SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornosoutra das temáticas solicitadas polo CEIP de Arzúa foi a de Acoso Escolar, a cal se levou a cabo o día 2 de maio con motivo do "Día Internacional contra o Acoso Escolar".


Tratouse o concepto de Acoso Escolar ou Bullying, falando dos tipos de Acoso, dos seus comportamentos, características, causas e o impacto que teñen os medios de comunicación neste tema. Fíxose tamén mención tamén a diversas noticias relacionadas con este tema.

Para ver a presentación preme aquí ou no documento adxunto.

COPLA DE ANTÓN FRAGUAS ILUSTRADA

PARA LEVAR A CABO O MURAL DA ENTRADA QUE NOS TOCOU AOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO NIVEL LEMOS COPLAS DO COÑECIDO CANCIONEIRO DE COTOBADE DE ANTÓN FRAGUAS, A ELEXIDA ILUSTRÁMOLA DE MOITAS MANEIRAS, PARA LOGO ELEXIR A MELLOR OPCIÓN PARA POÑER.

 

PARTIMOS DUN DEBUXO/CARICATURA QUE NOS FIXO UN PROFE SÓ PARA NÓS POLO QUE MOITÍSIMAS GRACIAS.

 

Se queredes ver máis premede na imaxe de Antón Fraguas

 

 

 

CONMEMORANDO AS LETRAS GALEGAS

O noso colexio comezou hoxe coas actividades organizadas para conmemorar as Letras Galegas. 

O alumnado de 1º E.Primaria realizou este fermoso mural.

 

A compañía de teatro Galeatro veu representar no noso salón de actos a peza teatral "O xogo das letras". Esta obra conta a historia de Xan, un rapaz que vai participar a un concurso coa intención de levar o premio final. Para iso, ten que superar unha serie de probas relacionadas coa cultura, a literatura e a xeografía galegas. Os actores contaron, nalgúns momentos, coa inestimable axuda do público.

  

  

 

O pase que fixeron para E. Primaria tamén tivo momentos moi simpáticos e o alumnado gozou coas ocorrencias da presentadora e de Xan, o protagonista da obra. 

  

Grazas á Compañía de teatro Galeatro por esta proposta tan orixinal e motivadora, que nos achegou dunha maneira lúdica á vida e obra do autor Antonio Fraguas, a quen se lle dedica este ano 2019 o Día das Letras Galegas. Entendemos a dificultade que supoñía presentar a figura homenaxeada ao público infantil.

Dámoslle as grazas tamén ao Concello de Arzúa por sufragar os gastos derivados desta actividade. 

DÍA DO LIBRO

É unha conmemoración anual que se celebra o 23 de abril, día do falecemento de Miguel de Cervantes, coa idea de fomentar a lectura e promover o libro como unha ferramenta esencial de enriquecimento cultural. Idea que souberon expresar moi ben os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria neste orixinal e creativo mural con frases e debuxos que destacan a importancia dos libros.

 

Con este mesmo motivo, e cando as condicións meteorolóxicas o permitiron, celebramos no noso centro a tradicional xornada de "Comparticontos" (ou Apadriñamento Lector) da que disfrutaron tanto o alumnado máis novo como os máis maiores. Nesta actividade o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha representación por grupos de dez contos escollidos por eles mesmos ao resto dos alumnos e alumnas do colexio. Esta xornada de lecturas compartidas tivo lugar no patio do centro, como xa vén sendo habitual, e conxugou dramatización, narración oral e incluso música como elementos motivadores destinados a espertar o interese polos libros e pola lectura. Obxectivo que pensamos que se acadou satisfactoriamente como se pode comprobar nas seguintes imaxes.

 


O maís forteO máis forte

Yo soy el rey

Yo soy el rey

Platero y yo

Platero y yo

A casa grande

A manchas ou a raias?

Paco Papán

Olaf

Olaf

Corre, corre cabaciña

 Corre, corre cabaciña

Vida secreta de las mamás

A viaxe das bolboretas

 

 

Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración e participación, e por facer desta xornada unha oportunidade marabillosa de gozar da lectura e dos libros.

VISITOUNOS O ESCRITOR ANXO MOURE

Esta semana visitou a nosa biblioteca o escritor e contacontos Anxo Moure,que chegou en "bosquinete", un orixinal patinete que lle permite desprazarse sen contaminar.

 

Grande defensor da natureza, Anxo atopouse cos nenos e nenas de Educación Infantil para ensinarlles, a través da narración oral, a importancia de coñecer a nosa contorna ambiental e respectala.

 

Aprenderon, dun xeito cómico e lúdico, que nas árbores vive a esperanza, e que son moi importantes porque nos dan osíxeno para respirar e moitos froitos para papar... Ademais as árbores fan música co vento, música que, a causa dos incendios, vai desaparecendo. Por iso, os nosos pequenos e pequenas berraron moi forte con Anxo: "Non prendas lume", "Queremos salvar a música das árbores", "Nas árbores vive a esperanza"... GRAZAS árbores.

 

 Tamén pecharon os ollos e deixaron voar a súa imaxinación, así atopáronse con paxariños, lobiños e fadas que habitan nos bosques que debemos coidar.

 

Pero as nenas e nenos de Arzúa non queren que se ensucien os bosques, por iso non tiran lixo neles, reciclan, plantan árbores e danlle moitas apertas: "amiguiña aciñeira", "compañeiro bidueiro", "valente buxo","amigo carballo"...

Bosques, ríos e árbores deben ser protexidos porque neles viven o noso futuro e a nosa esperanza.

 

Grazas Anxo por educarnos no respecto pola nai Terra e o medio ambiente, por amosarnos os libros como auténticos ximnasios da imaxinación e por facernos partícipes activos dos teus contos.

 

 

 

Pasámolo moi ben contigo, regaláchesnos o teu corazón e tamén conquistaches o noso. Grazas pola túa xenialidade e orixinalidade e ata sempre.

 

VISITA Á CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado de e de Educación Primaria visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón. Foi unha xornada moi divertida onde aprendemos cousas novas sobre a escritora e coñecemos a casa na que viviu os derradeiros anos da súa vida.

                                       

Fixemos un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e obra de Rosalía.

Primeiro, na planta baixa da casa, unha guía explicounos cousas relacionadas coa súa vida, a restauración da casa, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora.

                                    

A continuación, na primeira planta, vimos unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga. Fíxonos moita ilusión poder ver o seu cuarto ou a súa cociña.

Tamén poidemos ver vitrinas con distintas edicións das súas obras, fotografías dela e dos seus familiares, manuscritos, recortes de prensa da época, obras, e unha gran variedade de obxectos que son testemuña da importancia da súa figura.

                                                         

 

Tamén tivemos a oprtunidade de visitar a casa por fóra. Está rodeada dun espazo verde que naqueles tempos era unha horta e hoxe é unha recreación dun xardín da época. Encantounos!

 

                                  

VISITOUNOS A ESCRITORA ÁNXELA LOUREIRO

A escritora ferrolá Ánxela Loureiro visitou esta semana a nosa biblioteca para encontrarse co alumnado de sexto de primaria e falar con eles sobre o seu libro "Choiva de ras".

Neste encontro a autora e os seus lectores tiveron ocasión de intercambiar impresións e interpretacións sobre a súa última novela, que ten como protagonista a unha curiosa ra chamada RaMona que vive á súa bóla, buscando flores, escoitando música e compoñendo divertidas cancións que os nenos e nenas de sexto disfrutaron cantando ao ritmo da guitarra, que a nosa polifacética escritora, tan ben facía soar.

 

Xuntos repasaron as aventuras e desventuras de RaMona e de todos os animaliños da fraga cos que se ía atopando e enfrontando: a perigosa cóbrega Milfaces, a toupa Berbequí, a loba Napias, RaFina, RaPeira, RaRiño... Todo un mundo imaxinario que nace dunha experiencia real da autora na súa infancia, como ela mesma puido confirmar no turno de preguntas que os nenos e as nenas lle fixeron. Así reveloulles que sendo unha rapariga vivía nos arredores da praia de Doniños, preto da cal hai unha lagoa de auga doce onde ían as ras adultas desovar; feito que recibe o nome de "choiva de ras" e que inspirou este libro que precisamente leva ese título.

Trátase por tanto dunha novela que nos permite tamén coñecer o interesante mundo dos anfibios: o seu comportamento, a súa evolución... e ao mesmo tempo, a través dos seus protagonistas, amósanos valores tan importantes como o coñecemento dun mesmo, ter un criterio propio, o respecto e a amizade.

Grazas Ánxela por alimentar o noso amor pola lectura dun xeito tan amable, ameno e musical. "Choiva de ledicia" tamén para ti.

Powered by Drupal - Design by artinet