O CAMIÑO DA LINGUA

O 29 de outubro a compañía de teatro "Galeatro" de Carballo veu representar ao noso centro a súa obra "O camiño da lingua".

Acompañamos a Xan, o seu protagonista, nun concurso no que el participaba para levar o gran premio final. Para iso tiña que superar unha serie de probas relacionadas co Camiño de Santiago, coa cultura e a literatura galegas. O alumnado do noso cole axudoulle a Xan a conseguir ese premio resolvéndolle moitas dúbidas que se lle presentaban nas diferentes probas. 

Por mor da situación epidemiolóxica que estamos padecendo, vémonos obrigados a reducir o aforo do salón de actos e fixemos dous pases. No primeiro estivo o alumnado de 2ºA E.P, 5ºA E.P e 6ºA E.P.

   

  

O segundo pase foi máis curto e o desfrutou 5 anos-A, 5 anos-B e 1ºB E.P. 

  

  

Esta obra de teatro formaba parte da programación das Letras Galegas do curso pasado, pero non se puido realizar no mes de maio porque estabamos confinados. Foi financiada polo Concello de Arzúa. 

BIBLIOTECAS, LUGARES MÁXICOS

A lectura xoga un papel clave no desenrolo do neno e da nena, por iso é importante que xa dende pequenos medren en contacto cos libros. Isto sábeo ben o noso alumnado e as súas familias, que contan nos seus fogares cuns recunchos de lectura marabillosos os cales favorecen o seu hábito de lectura, estimulan a súa imaxinación e tamén enriquecen o seu vocabulario. Estas bibliotecas particulares están entre as favoritas dos nosos nenos e nenas.

 

Preto das nosas casas temos á nosa disposición uns lugares fantásticos que son as bibliotecas públicas, espazos para coñecemento e o lecer. Algúns dos nosos alumnos e alumnas enviáronnos imaxes da Biblioteca Rosalía de Castro de Arzúa como un dos seus lugares máxicos.

 

A Biblioteca escolar tamén é un lugar ideal para incentivar a práctica da lectura e o amor polos libros.

 

Os máis maiores do cole puxeron en marcha a súa capacidade investigadora e a súa alma soñadora, polo que compartiron con nos as Bibliotecas do mundo que lles pareceron máis interesantes e bonitas non só pola grande cantidade de libros que posúen, senón tamén pola súa arquitectura, a súa decoración, a súa antigüidade... ou como no caso da libraría Lello de Oporto, por ser inspiradora de historias de ficción, xa que neste caso concreto crese que puido inspirar á escritora J.K. Rowling para a súa saga sobre Harry Potter.

 

Aquí vos deixamos un video sobre as bibliotecas preferidas polo alumnado do CEIP de Arzúa, uns lugares máxicos que os fan moi felices e que queren compartir con todas e todos.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de "Amigos del Libro Infantil y Juvenil" á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

 

As bibliotecas escolares, polas que pasan todas as nenas e nenos, son as primeiras bibliotecas que lles ensinan tamén, a usar outras, e as que os poñen en contacto con eses outros espazos do coñecemento e de lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, lugares marabillosos que están sempre ao noso carón.

 

As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio.

 

Neste espazo virtual da biblioteca do CEIP de Arzúa, imos conmemorar esta celebración do mellor xeito que se nos ocorreu, contando un conto que ten moito que ver con este marabilloso lugar: a biblioteca. Esta historia leva por título: "Edmundo, ladrón de segundos", e váinola narrar a nosa contadora de contos favorita, Erica González. Agardamos que vos guste. Feliz Día das Bibliotecas. 

 

 

 

 

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR SETEMBRO 2020

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR

SETEMBRO 2020

 

 

PALABRAS DE ÁNIMO E AGARIMO PARA O NOSO ALUMNADO DE 6º E.P

 

O pasado marca en gran medida o que somos no presente e o que seremos nun futuro. Todo o que fagamos hoxe terá a súa pegada no día de mañá. Pero non se pode vivir no pasado, senón que hai que afrontar o futuro con valor e decisión. 

Nós, queremos felicitarvos polos logros conseguidos, o entusiasmo e o empeño que puxéchedes en todos os proxectos desenvolvidos. Ogallá que os valores interiorizados: constancia, respecto, solidariedade, altruísmo... vos acompañen e guíen na nova etapa educativa que se abre nas vosas vidas. 

AGRADECEMENTO ÁS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

CLICK NA IMAXE PARA LER O AGRADECEMENTO

 

OS CONTOS DE ERICA NON PARAN!

Mentres camiñamos cara a nova normalidade, Erica non para de contarnos historias cheas de ensinanzas importantes para nenos e nenas pequenos pero tamén para os máis maiores da casa. Na última das súas narracións déixanos unha receita marabillosa para aprender a tratar aos nosos inimigos e conseguir que deixen de selo. Que a desfrutedes!

 

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN

Aquí vos deixamos unha selección das últimas novidades editoriais para que este verán descubrades nelas o voso novo libro favorito. Estas vacacións tanto se ides á praia, á montaña ou vos quedades na casa, buscade un tempo para desfrutar da lectura e relaxarvos. Lembrade que ler é unha actividade placenteira e que ademais mellora a vosa habilidade de lectura e amplía o voso vocabulario. Ler é moi saudable e recomendable, así que xa sabedes: "Este verán mergúlladevos entre letras para nadar entre soños". Feliz verán de lectura e aventura para todas e todos!

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER AS PROPOSTAS DE LECTURA.

 

UNHA HISTORIA SOBRE CONVIVENCIA E TOLERANCIA: "Blancos y negros"

Un conto para traballar as diferenzas individuais.

Blancos e negros é unha bonita historia donde se traballan conceptos como as diferenzas individuais e a aceptación do outro tal e como é. É un conto no que se nos ensina que de xeito violento non se resolven os conflictos, o valor do diálogo e a tolerancia está por enriba da violencia.

É preciso ensinar aos máis cativos que o mundo está cheo de persoas diferentes, coas súas particularidades e que a diversidade pode enriquecernos moito, facernos a todos e todas máis valiosos.

Este conto permite traballar e dialogar cos nenos e nenas conceptos como o racismo e a xenofobia, tan de actualidade na nosa sociedade.

 

CONTO SOBRE A IMPORTANCIA DA AUTOESTIMA: "Yo voy conmigo".

 Traballar cos pequenos e pequenas a aceptación de nós mesmos, ser algo máis que o que os demáis nos din que debemos ser. Valorarse a un mesmo tal e como é, e sobre todo non deixar que ninguén nos faga pensar que non somos o suficientemente bos.

Este conto pode axudar a traballar cos nenos e nenas non só para aceptarse a eles ou elas mesmos, senón tamén para aceptar aos demais coas súas diferenzas. Traballar o respeto por un mesmo e polos demais, a empatía e a non deixar a ninguén de lado.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet