DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

 

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de "Amigos del Libro Infantil y Juvenil" á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón" céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

 

As bibliotecas escolares, polas que pasan todas as nenas e nenos, son as primeiras bibliotecas que lles ensinan tamén, a usar outras, e as que os poñen en contacto con eses outros espazos do coñecemento e de lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, lugares marabillosos que están sempre ao noso carón.

 

As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio.

 

Neste espazo virtual da biblioteca do CEIP de Arzúa, imos conmemorar esta celebración do mellor xeito que se nos ocorreu, contando un conto que ten moito que ver con este marabilloso lugar: a biblioteca. Esta historia leva por título: "Edmundo, ladrón de segundos", e váinola narrar a nosa contadora de contos favorita, Erica González. Agardamos que vos guste. Feliz Día das Bibliotecas. 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet