O pasado marca en gran medida o que somos no presente e o que seremos nun futuro. Todo o que fagamos hoxe terá a súa pegada no día de mañá. Pero non se pode vivir no pasado, senón que hai que afrontar o futuro con valor e decisión.
Nós, queremos felicitarvos polos logros conseguidos, o entusiasmo e o empeño que puxéchedes en todos os proxectos desenvolvidos. Ogallá que os valores interiorizados: constancia, respecto, solidariedade, altruísmo... vos acompañen e guíen na nova etapa educativa que se abre nas vosas vidas.