Terceiro Trimestre

Terceiro trimestre

Estimadas familias, queridos nenos e nenas

 Dende o centro, enviamos un saudo  e parabéns por como estades levando a cabo  este proceso que nos toca compartir.

Sinalamos novas indicacións para este terceiro trimestre á espera de instruccións definitivas por parte da consellería de educación da Xunta de Galicia.

  • A páxina Web do centro xunto coa aplicación Abalar, continúan a ser os medios que o centro utilizará para a comunicación coas familias ( recordamos a necesidade de instalar a aplicación Abalar no móbil para recibir certas notificacións)
  •  
  • No día de hoxe, están a disposición das familias, nesta páxina web ,as direccións de correo electrónico dos mestres do centro, tanto titorías  como especialistas,   para consultas directas co profesorado.
  •  
  • Para outras consultas, seguimos a vosa disposición na dirección de correo:

ceip.couto@edu.xunta.es e no número de teléfono : 988783060.

 

  • As tarefas dirixidas ao alumnado, serán colgadas na páxina web do centro os luns.

 

  • Dende o noso centro centro, velando pola integridade de toda a nosa comunidade educativa, o igual que o resto da sociedade,e  cumplindo en todo momento as instruccions indicadas ,así como o confinamento ao que estamos sometidos, ate novas indicacións, non faremos entrega de libros de texto nin material escolar.

No momento en que as autoridades competentes para tal fin e cumplindo a normativa legal, nos autoricen, porémolo en coñecemento das familias.

 

As instruccions provisionais, están a disposición para consulta, no Portal educativo da Xunta de Galicia .

Podedes acceder pinchando no seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Para vós...

Dende o corazón de tódolos profesores e persoal non docente do CEIP o Couto, queremos achegarvos esta mensaxe, en forma de vídeo, para que saibades que estamos moi cerca, que vos sentimos no noso día a día, que pronto nos volveremos a ver e que gracias a todos vós, queridos nenos e nenas ... O noso corazón estará sempre contento.!!!

 


 

Para vós...

 

https://youtu.be/MTOoWDhjrKo

 

 

REGRESO

Estimadas familias, queridos nenos e nenas, estamos de volta do período vacacional, esperamos que continuedes todos ben, e encantados de seguir xuntos de novo neste proceso.

A día de hoxe, estamos á espera de instrucións por parte da Consellería de Educación, referentes a este terceiro trimestre, para tomar decisións sobre como levar a cabo a nosa tarefa conxunta.

Ditas instrucións, que esperemos ter ao longo desta semana, definirán as tarefas a levar a cabo co noso alumnado.

Poremos toda a información a través de esta páxina Web.

Nestes momentos de incertidume, apelamos á calma, á comprensión e ao entendemento de todos nós, como foi até o de agora, asegurándonos así un bo camiño para continuar xuntos e seguir adiante.

Dende o centro, aunaremos esforzos, na medida das nosas posibilidades e medios, para procurar a igualdade entre todo o alumnado, facilitando, segundo as instrucións que nos sexan dadas, os recursos necesarios para que esa sexa posible.

Continuamos a vosa disposición no teléfono do centro en horario de 10:00h a 13:00h de luns a venres

Teléfono:  988783060

E na nosa dirección de correo electrónico:   ceip.couto@edu.xunta.es

Á espera de novas instrucións, seguimos cos recursos da nosa páxina web : enlaces de interese, biblioteca, actividades cursos...

Ánimo e gracias!

Vacacións

Hoxe, 3 de abril, dan comezo as vacacións.

Aínda que estamos nun momento especial, continuan sendo vacacións, e aproveitaremos para na medida do posible tomarnos un descanso.

Esperamos que todos, nenos, nenas e familias continuedes ben. É o noso maior desexo nestes momentos.

Ata o regreso das vacacións, non se subirán tarefas novas na web, e somentes se publicará algunha noticia que fose estritamente necesario pola súa relevancia.

Queremos mantervos informados de todo o referente á educación dos vosos fillos e fillas.

Deixemos a un lado as tarefas e demos paso, nestas vacacións a actividades en familia para poder desfrutar, entre todos , deses momentos de encontro que tan necesarios se fan nestes días. Pelis en familia, lecturas xuntos, música...

Recordade que na web tedes un sinfín de recursos para poder realizalas.

Non vos esquezades de achegarvos á nosa biblioteca, onde tedes un sinfín de propostas de lectura moi interesantes para todos os níveis.

Tamén dicirvos que se amplía o reto “Debuxa o teu arco da vella”  proposto dende a área de relixión.

E se gustades de ver algunha película nestes días, aquí vos deixamos algunhas propostas

 Cine:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLNq2eaZvd5PsV1JBCbij0U6igns0HnXew

                                                             

ANIMOOOOOO    SOMOS UN EQUIPO ESTUPENDO!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 https://youtu.be/Y5bX8ZVfEH8

Día Mundial do Autismo

2 de Abril
 
Hoxe, 2 de Abril, é o día mundial do Autismo, e por iso, queremos adicar no dia de hoxe, esta páxina a dous compañeiros nosos.
Por ser como eres, sempre tan cariñoso, tenro e alegre, grazas.
Por cada un dos teus abrazos, bicos, sorrisos e por eses “buenos dias...” tan alegres cos que nos saúdas con moito cariño.
E a ti, pequena, coa que tanto aprendemos, e que tanto nos ensinas , un bico enorme para ti tamén.
Seguro que os coñecedes ¿verdad?
Para vos, con moito cariño
 
 
https://es.ugamezone.com/mario-zone.html     https://youtu.be/V9fyiMqTuIg     

                                                   

                                                
                                                                                                                          
 

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

AVALIACION

Seguindo instrucións do 27 de marzo recibidas da Consellería de Educación,  dirixidas aos centros de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, informamos ás familias do seguinte:

 

-   Procederase a avaliación do alumnado, correspondente a este segundo trimestre , tendo en conta que só se avalían os traballos realizados con anterioridade a situación do estado de alarma.

 

Tendo en conta a situación de carácter excepcional na cal estamos nestes momentos, os equipos docentes de cada curso xunto coa orientadora e equipo directivo, estableceron criterios de avaliación específicos en relación ao traballo realizado polo alumnado.

Todos nós, somos conscientes da situación dos nosos nenos e nenas, así como das familias, aos que queremos nesta avaliación dar un merecidísimo 10, por como están xestionando estes momentos, sodes uns campións nenos e nenas, este 10, vai por todos vos, que o tedes ben merecido. NORABOA!

 

  • As notas serán informadas ás familias a través da aplicación Abalar Mobil

No seguinte enlace, podedes descargar a aplicación Abalar , é importante que a teñades descargada para poder ver as notas o día 3 de Abril.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf

 

Calquera consulta ou dúbida, seguimos á vosa disposición:

Agradecemos polo seu interese, a difusión entre as familias de esta información ,na medida que vos sexa posible

Un saúdo e moito ánimo!

Boa Fin de Semana

BOA FIN DE SEMAN

Comezamos unha nova fin de semana, e compartimos con todos vos dúas propostas interesantes para poder desfrutar en familia:

  • Hoxe, venres, as 20:00h hora española, “El circo del sol” ofrece un espectáculo con algúns dos seus momentos mais interesantes.

Podédelo ver no seguinte enlace:

https://www.cirquedusoleil.com/cirqueconnect

Tamén vos facemos chegar unha proposta do Concello de Ourense, área de educación para que todos contribuiamos cos nosos debuxos neste merecido homenaxe.

Recordando...

Un novo día, seguimos aquí, seguimos xuntos.

Nós, pensando cada día en todos vos, nenos e nenas, e familias, e desexando que vos atopedes ben, que estedes tranquilos, que pronto estaremos de novo xuntos.

E moi importante para iso, recordar moito dúas normas fundamentais, que sabemos, seguro que estades a facer moi ben:

-         LAVA BEN AS MANS

-         QUEDATE NA CASA

Nestes momentos, todos os nenos e nenas de todo o mundo e todas as familias, estan cumplindo estas recomendacións para que todo vaia mellor.

E que mellor que con música.

smiley Deixámosvos un enlace, para que poidades ver que estan escoitando nestes momentos en diferentes paises e cidades do mundo

E aproveitamos para repasar un pouquiño de xeografía

http://radio.garden

ÁNIMO !

Estimadas familias

Estimadas familias:

Como xa sabedes, a situación cambia cada instante, así como as novas instruccións, e as novas tomas de decisións en tódolos ámbitos da vida.

Desexamos con todo o noso corazón que estedes ben, que teñades moito ánimo para seguir día a día, e agradecemos os esforzos que estades a facer cos vosos nenos e nenas.

 Facedelles chegar un enorme abrazo de todos e todas nos.

Continuamos a utilizar os medios acordados segun titorias para o noso alumnado :páxina web, listas de difusión, plataformas dixitais.... para propor actividades para que os nenos e nenas fagan nestes dias, recordando sempre que nin son avaliables nin poden avanzar contidos tal e como figura na resolución do 12 de marzo de 2020 da Secretaría xeral técnica da conselleria de sanidade.

Estas propostas, entre outras ,teñen que ter en conta a realidade das familias, tanto en canto a posibilidade de achegamento as mesmas, como a realidade que cada familia esté a vivir nestes momentos tan difíciles.

 E sobre todo, serán actividades que aseguren a autonomía do alumnado e en ningún momento xeren desigualdades entre eles.

Nestes momentos as realidades son moi diferentes ,de tal maneira que as propostas que enviemos dende o centro serán para que as familias, en función da situacion de cada un, xestionen ditas actividades cos seus fillos e fillas da maneira que consideren mais adecuada en cada momento.

Dende o centro estamos a vosa enteira disposición, para calquera cousa, dúbida, que precisedes,

 a través do noso correo electrónico: ceip.couto @  edu.xunta.es 

e do noso número de teléfono :988703060.

Recordade as recomendacións para estes días,

 facer uso dos recursos que tedes na web

, e día a día faremos algunha proposta para os nosos nenos e nenas e como no ,tamén para todos.

 

Moito ánimo, un enorme abrazo

 

Recursos:

Hoxe, informamos da seguinte proposta do ministerio de educación:

 

El Ministerio de Educación y FP y RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar el aprendizaje de todo el alumnado durante la suspensión de clases presenciales

 

https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

 

21 de marzo

Hoxe, 21 de marzo, dia mundial do Síndrome de Down, queremos adicar a nos páxina a un compañeiro noso que queremos un montón, que día a día sácanos un sorriso , que é entrañable, agarimoso, divertido  e moi moi moi traveso

                                Por ti e para ti con moito moito cariño:

<--Fai Click no Doraemon

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031