Listaxe Definitiva de Libros de Préstamo
Enviado por admin o 18 Xullo, 2024 - 13:27Con data 18 de xullo publicamos a Listaxe DEFINITIVA dos beneficiarios de libros de préstamo e de vales para material e libros no curso 2024-25.
A entrega de vales está dispoñible nas oficinas de Rampa de Sas ata o día 24 de xullo en horario de 10h a 13h. Se non podedes recollelos agora, os vales NON caducan, podedes recollelos a partir do 2 de setembro.
Os libros de préstamo serán entregados en setembro (non antes do día 3) polos titores. Confirmaremos data e hora nesta web e por AbalarMóbil.
Podedes consultar as listas de libros concedidos no taboleiro interior do edificio de Rampa de Sas ou chamando ao 988 78 30 60 en horario de 10h a 13h (ata o 24 de xullo). Tamén podes consultar as listas na aplicación FondoLibros se contas con Chave365 ou Certificado Dixital.
Horario de Verán
Enviado por admin o 28 Xuño, 2024 - 11:40O horario de verán na oficina administrativa de Rampa de Sas
(do 1 ao 24 de xullo)
será de 10 horas a 13 horas.
Importante: Prazo de matrícula aberto ata o 1 de xullo
Enviado por admin o 25 Xuño, 2024 - 19:49Lembramos que está aberto o prazo de matrícula para aquel alumnado admitido no proceso levado a cabo no mes de marzo.
O prazo vai do 20 de xuño ao 1 de xullo inclusive.
Se non se formaliza a matrícula pérdese o dereito á praza (artigo 41 da Orde de Admisión) e Escolarización podería dispor desa praza para outro alumno/a.
P.D. O alumnado que xa estivo matriculado durante o curso 2023-24 non ten que renovar a matrícula. Continúa automáticamente no noso colexio sempre que non teña solicitado e teña sido admitido noutro centro.
O noso alumnado consigue o 1º premio do concurso autonómico Consumópolis
Enviado por admin o 18 Xuño, 2024 - 11:33O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou e felicitou hoxe ao alumnado do CEIP O Couto de Ourense premiado en Consumópolis, o certame autonómico co que o Goberno galego está a potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino. Coa iniciativa, o que se busca é motivar o traballo activo e colaborativo de alumnado de 5º e 6º de primaria, da ESO e FP básica.
Nesta 19ª edición, organizada baixo o lema Súmate á enerxía responsable, establecéronse tres categorías por idades.
Libros de Texto 2024-2025 - CEIP O Couto
Enviado por admin o 14 Xuño, 2024 - 13:01Publicamos a lista de libros de texto para o curso 2024-25
Atención: Observade ben o nivel e o grupo (A ou B) do voso/a fillo/a.
- Os vales de axuda entréganse do 15 ao 24 de xullo
- Tamén a partir do 2 de setembro.
- Os libros de préstamo entréganse en setembro.
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS
Enviado por admin o 13 Xuño, 2024 - 19:08De acordo coa Orde de Calendario Escolar (3 de maio de 2023, publicada no DOGA o 16 de maio de 2023 e que se pode consultar na web do colexio), a avaliación final non pode ter lugar ata despois do 21 de xuño (artigo 12, punto c), e polo tanto o alumnado NON terá unhas cualificacións oficiais (nen en papel nen na aplicación AbalarMóbil) ata que se celebre a avaliación.
A publicación de notas no noso centro será o martes 25 de xuño ás 10h da mañá na aplicación móbil de Abalar.
Tal como indica a ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato
o período de reclamación das cualificacións finais abrangue dous días hábiles (neste caso, 26 e 27 de xuño).
P.D. Se algún centro educativo entrega as cualificacións o día 21 estará incumprindo a normativa. O noso centro acóllese á normativa mencionada nesta información.
Participación do noso alumnado de 3º EP no campeonato Supertmatik
Enviado por admin o 11 Xuño, 2024 - 11:33Parte do alumnado de 3º EP participou no campeonato Supertmatik nas modalidades de Matemáticas e Vocabulario en Inglés. Entre os 6.850 participantes, os/as nosos/as alumnos/as acadaron os postos 1º, 3º, 6º e 10º na modalidade de Inglés.
Fondo Solidario de Libros e Axuda para Material curso 2024-25
Enviado por admin o 21 Maio, 2024 - 11:12Ábrese o prazo desde o 21 de maio ao 21 de xuño para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros e nas Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
As axudas para material escolar son para os cursos 1º a 6º de Primaria.
As axudas para compra de libros son para os cursos de 1º e 2º de Primaria.
A solicitude de préstamo de libros é para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º.
Consulta completa no DOG de 20 de maio de 2024
Pódese participar desde www.edu.xunta.gal/fondolibros, na sede electrónica ou ben cubrindo e entregando a solicitude nas oficinas administrativas en Rampa de Sas (horario de 9 h. a 14 h.)
O alumnado de Sexto de Primaria ten que presentar a solicitude no centro educativo de Secundaria onde ten a reserva de praza para o curso 2024-25.
Cadro resumo de axudas (fai "click" para agrandar):
Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2024-25
Enviado por admin o 15 Maio, 2024 - 00:11Anunciamos a publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o Curso 2024/2025.
Non hai modificacións respecto ás listaxes provisionais.
Lembramos que TODOS os admitidos teñen obrigatoriamente que FORMALIZAR a MATRÍCULA entre o 20 de xuño e o 1 de xullo.
O alumnado que xa estivo matriculado no curso 2023-24 NON ten que realizar matrícula. Permanece automáticamente no centro.
Día non lectivo - 20 de maio
Enviado por admin o 13 Maio, 2024 - 13:32O vindeiro luns 20 de maio NON é lectivo no noso centro. Foi un acordo tomado en Claustro e Consello Escolar, seguindo indicacións da Orde de Calendario Escolar e coa aprobación de Inspección Educativa.
O IES O Couto tamén solicitou, en coordinación co noso centro, ese día, pero non lle foi concedido por motivos de organización escolar. O día non lectivo nese centro será o 16 de maio.
Lembramos que este venres 17 de maio é o Día das Letras Galegas, festivo en toda Galicia.
![CEIP O Couto RSS Distribuir contido](/centros/ceipcouto/misc/feed.png)