Benvidos e Feliz 2022

BENVIDOS E FELIZ 2022!

Estimadas familias:

Dende o centro queremos darvos a benvida unha vez máis e os nosos maiores desexos de que todo esté ben no voso entorno e nas vosas familias.

Como consecuencia da situación actual da COVID-19, as medidas de protección que garanten a seguridade de todos e todas nós, e en especial dos vosos fillos e fillas, seguen vixentes.

Continuamos co mesmo protocolo de adaptación a situación xerada pola COVID e a Consellería de Educación e información universitaria informa da continuidade do protocolo de comezos de curso que podedes consultar no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35304

É responsabilidade de todos e todas nós que poidamos continuar con seguridade e facilitando no noso centro a maior “normalidade” que nos poidamos permitir, e que nos asegure non perder nunca a ilusión.

Lembrade, como familias, como sempre fixestes, o cal agradecemos, que ante calquera síntoma ou situación compatible coa COVID, seguir as normas establecidas en beneficio de todos.

Un saúdo,

E como sempre recordade : “Xuntos mellor”

Bo Nadal

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Xunta de Galicia ven de anunciar a distribución de máscaras entre o alumnado de Galicia. A orde completa pode ser consultada no seguinte enlace: Orde de 28 de outubro de 2021

O alumnado beneficiario de axuda para material escolar no curso 2021-22 NON ten que presentar solicitude. Recibirá as máscaras automáticamente.

O alumnado que non é beneficiario de axuda, poderá recibir as máscaras se cumpre algunha das seguintes condicións:

  • Pertencer a unha familia con renda per cápita igual ou menor a 6.000 euros
  • Alumnado matriculado en Educación Especial
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda pola Xunta de Galicia
  • Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65&

Nestes supostos a familia poderá solicitar as máscaras cubrindo a solicitude nas oficinas administrativas do centro entre o 15 e o 26 de novembro. 

OUFF - Curtametraxe 10€uros - Gañadora do Premio OUFF ao mellor guión

Premier - presentación da estrea da curta o 21 de xuño de 2021:

 

Entrega de premios:

 

Curtametraxe gañadora do OUFF 2021:

 

Por último... as divertidas tomas falsas:

 

Entrevistas e informacións ofrecidas por Telemiño en relación á curtametraxe:

Información-Entrevista na Cadena Cope:

Información-Entrevista na Cadena Ser:

OUFF Escola - Premio ao mellor guión para a curtametraxe "10 €uros"

Onte celebrouse a 26ª Edición do Festival de cine Internacional de Ourense, (OUFF).

Este ano participamos desde o cole coa curtametraxe “10 €uros”, protagonizada polo alumnado de sexto de primaria do curso pasado.

Na gala da entrega de premios fomos galardonados, no apartado OUFF Escola, co premio BLANCO AMOR AO MELLOR GUIÓN.

Aínda que este premio é por e para os nenos, queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible, directa ou indirectamente, que este proxecto saíra adiante.

Benvidos e Benvidas !

Benvidos e benvidas:

Estimadas familias, nenos,nenas,e comunidade educativa en xeral, un ano mais, atopámonos no camiño de iniciar un novo curso.

Un novo curso cargado de novidades, retos,e moitas moitas ilusións.

Camiñando xuntos o camiño, collidos da man, alcanzaremos as nosas metas seguro.

Grazas a todos e todas

Bo comezo!!

 

 

Horarios de Entradas e Saídas durante curso 2021-22

Campamento de Verán - AVISO

Debido a imprevistos nas obras que se van levar a cabo no edificio de Rampa de Sas,

o Campamento de Verán 2021 que organiza o Concello de Ourense durante o mes de agosto, levarase a cabo no edificio da rúa Greco.

Desculpen as molestias. 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031