Video de Nadal 2020- IES "O Couto" e CEIP "O Couto"

Video de Nadal 2020- IES "O Couto" e CEIP "O Couto"

Gracias a Olalla, mestra de música do IES "O Couto", fixemos unha colaboración co fin de elaborar unha felicitación conxunta para este Nadal.

Nesta ocasión particparon os nenos e nenas de E.infantil e de 6º de Primaria, os mais pequeniños e os mais maiores.

Estamos seguros que é unha porta para futuras colaboracións, do que estamos moi orgullosos, de xuntarnos en proxectos comúns.

Podedes ver o resultado aquí:

 

Bo Nadal!

 

Por fin, podedes ver o resultado dun traballiño que nenas e nenos, mestras e mestres, preparamos con

moita ilusión.

Ilusión por levarlles, nestas datas, un pouquiño de alegría a esas persoas que nos queren sen esperar

nada cambio, AS NOSAS AVOAS E OS NOSOS AVÓS.

Queremos que saibades que estades no noso pensamento e que, en palabras dunha das nosas alumnas:

"Tranquilos, isto vai pasar e nos poderemos abrazar outra vez".

 

(Non vos esquezades, cando abrades o vídeo, de cambiar a resolución

en axustes e poñelo en HD para velo con mellor calidade)

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

3 de decembro

Día internacional das persoas con discapacidade

 

Hoxe celébrase o día internacional das persoas con discapacidade.

Dende o cole queremos sumarnos a este día, recordando a importancia de abrir os ollos a todas as posibilidades de estar e comprender o mundo, por moi diversas que parezan.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Este é un día moi importante para todas e todos, mulleres e homes, avoas e avós, nenas

nenos, porque solo xuntas e xuntos poderemos parar a Violencia de Xénero, así que o

25  de Novembro e todos os días do ano imos berrar ben forte:

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!

 

Non deixedes de ver esta curtametraxe tan fermosa que fixeron rapazas e rapaces do

IES de Melide (A Coruña) a partir dun texto de Rosalía de Castro do ano 1858, que está

considerado coma un dos primeiros manifestos do feminismo.

 

 

 

Feliz Día do Neno

Felicidades nenos e nenas, todos os días son o voso día, pero hoxe, celebrámolo en especial, por ser o día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas.

Os nosos mellores aplausos para todos vós, os nosos heroes e as nosas heroínas

NORABOA!!!

   

    'Siembra en los niños ideas buenas aunque no las entiendan.

                    Los años se encargarán de descifrarlas en                                                        su entendimiento

 y de hacerlas florecer en su corazón'

 (María Montessori).

 

 

Distribución de máscaras entre o alumnado

Públicase no DOG de 13 de novembro de 2020 a Orde que establece os criterios de distribución entre os alumnados de Educación Primaria

Pódese consultar a Orde completa neste enlace -> DOG 13-11-2020

Ou ben, tedes aquí un resumo da mesma

 

 

As castañas disfrazadas - Magosto 2020

Magosto 2020 - Ao Compás dunha Muiñeira

CADA DÍA MELLOR E MELLOR...

Non podíamos deixar pasar o día, sen celebrar a nosa tradición da festa do Magosto.

Días coma hoxe recórdanos que tampouco podemos perder a ilusión, así que todos os que compartimos o noso día a día, nesta ocasión, xuntámonos para cantarlle ao noso cole, que cada día é MELLOR E MELLOR. 

 

Horario Educación Infantil a partir de outubro

Os horarios en Educación Infantil (no Edificio de Rampa de Sas) desde o mes de outubro son os seguintes:

 

Entrada:   ás 9:15   (todo o alumnado de Educación Infantil, e preferentemente pola porta de abaixo)

Saída:     Educación infantil 3 anos:   ás 13:30h                  Educación infantil 4 e 5 anos:  ás 13:40h

Información

Estimadas familias:

 

Como xa vos informamos, no día de hoxe, aconteceron novas no noso centro que nos levaron a tomar medidas extraordinarias.

Queremos informar para a vosa tranquilidade que todas as decisións que se tomen nestes momentos,e noutros que poidan xurdir , están respaldadas e instruidas tanto por Educación como por Sanidade.

É prioritario no centro por parte de todos e cada un de nós, garantir a seguridade dos vosos fillos e fillas, así como de todo o persoal, para o cual estamos cumprindo con todas as medidas establecidas nos protocolos de educación e sanidade.

Non é a primeira vez que temos a oportunidade de demostrar que a colaboración de todos e todas é fundamental para facer frente a determinado tipo de situacións.

Como profesionais da educación, estamos aunando esforzos que nos levan a tarefas alleas ao noso ámbito de actuación pero que tentamos facer o mellor posible polos nosos nenos, nenas, familias, compañeiros e compañeiras.

Confiamos na responsabilidade das familias para facer o cumprimento das medidas de protección (enquisa de autoavaliación de síntomas diaria, non enviar aos nenos ó centro en caso de sintomatoloxía compatible ao COVID…)  e dende o centro estamos á vosa disposición para calquera dúbida a través das canles habituais.

988783060

ceip.couto@edu.xunta.es

Recordamos a importancia de revisar a nosa páxina web, así como ter descargada a aplicación Abalar móbil.

Un saúdo

Moitos ánimos e Gracias

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Setembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30