CONTO

CONTO…

Achegámonos a un novo finde, especial, porque é o finde das nosas letras galegas.

Ademáis das actividades que seguro xa mirastes, postas na nosa web, nesta ocasión compartimos de novo un conto de Sabela Gago que seguro será de agrado de todas e todos nós unha vez máis.

Aquí o tedes                               

 

E como non, tamén ten as súas actividades. Aquí as podedes ver:                                

Ánimo!

Boa finde!

Día das Letras Galegas 2020

LETRAS GALEGAS 2020

 

Queridos nenos, nenas e familias. Pasiño a pasiño, estamos conseguindo gracias ó voso esforzo, unha vez máis, recuperar un pouquiño a normalidade.

Nesta ocasión, compartiremos a conmemoración dun día tan importante para todos e todas nós, como é o Día das Letras Galegas, este ano homenaxeando a figura de Ricardo Carvalho Calero.

O Equipo de Normalización Lingüística quere compartir as seguintes actividades con todos e todas vós, con información referida a dito autor.

Ánimo! Estades a facelo moi ben!

Recollida de Material

Estimadas familias:

Con motivo da nova situación do estado de alarma e despois de recibir autorización polas entidades competentes para tal fin, a partires do luns 18 de Maio, poderáse  proceder a recollida do material escolar do alumnado no centro.

Con obxeto de garantir as medidas sanitarias de seguridade e hixiene esixidas neste momento, o acceso ó centro,e o reparto, faráse seguindo o calendario  e as normas establecidas polo centro e que serán expostas nesta páxina web "Ceip o Couto" ó longo de esta semana

Un saúdo

Comunicado do IES O Couto para os alumnos de 6º que pasen a 1º ESO no curso 2020-21

Comunicado do IES o Couto para alumnado de 6º de Primaria

Está a disposición do alumnado de 6ª de primaria e de 4º da ESO, a prematrícula online para o curso 2020-2021, para aquel alumnado interesado en continuar os seus estudos no noso centro e que xa fixo a reserva de praza.
A prematrícula únicamente serve para ter en conta as optativas escollidas polo alumnado na confección da oferta educativa  na matrícula e non é a matrícula.
Será imprescindible polo tanto formalizar a matrícula do 1 ao 10 de Xullo, ou en setembro, xa que a prematrícula non é o procedemento para matricularse.
O link ao formulario de prematrícula é: https://www.edu.xunta.gal/centros/iescouto/node/773
O prazo para cubrilo é dende o 8 de maio de 2020 ao 18 de maio de 2020. Para calquera consulta os pais poden comunicarse co centro mediante o correo electrónico: ies.couto@edu.xunta.es

NOVOS PRAZOS ADMISIÓN ALUMNADO

INSTRUCCIONS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

Somentes está permitida a presenza no centro,ata novas instruccións, para a formalización do proceso de admisión de alumnado

Únicamente con CITA PREVIA no teléfono 988783060 ou no correo ceip.couto@edu.xunta.es

Amplíase do 11 ó 18 de Maio o prazo para a admisión do alumnado.

Dende o centro,  daremos cumprimento as recomendacións sanitarias de atención ao público, publicadas no Portal educativo da Xunta de Galicia e que se poden consultar no seguinte enlace:

Recomendacion de atencion ao público en centros educativos

 

Orde que regula o proceso de admisión:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

 

A presentación de solicitudes a través da aplicación, de maneira telemática, pódese realizar no seguinte enlace:

http://edu.xunta.es/admisionalumnado

 

Documentación


Para formalizar a solicitude de admisión,presentaráse a seguinte documentación:

1-  Solicitude - Anexo II(A. 14) --> Modelo de solicitude de admisión

2-  Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)  (A. 16.1)

3-  Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. (A. 16.1).

4- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.

IPREM --> Criterios para cálculo de IPREM

LETRAS DESEMPATE --> Resolución para determinar as letras de desempate

 

Criterio complementario establecido polo centro: 1 punto por ter irmáns no CEIP O Couto. Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.

 

PRAZOS DO PROCEDEMENTO

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31003

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de      xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

!!!!IMPORTANTE!!!!

Para a entrega de documentación no centro de maneira presencial, seguirase o seguinte protocolo:

Horario: de 10:00h ás 13:00

1.- Solicitud de cita previa para acudir ao centro

 (Para formalizar o proceso de admision,así como recollida de impresos de solicitude é necesario pedir cita previa)

 No teléfono:  988783060

 ou na dirección de correo electrónico:  ceip.couto@edu.xunta.es

Cando acudas ao centro:

  • Seguir as indicacións sinaladas na entrada do centro.
  • O centro proporcionará dispensadores de gel para hixiene das mans tanto a entrada no centro como a saída.
  • Manter a distancia de seguridade establecida  (mínimo 2 metros)

Para calquera dúbida ou consulta:   teléfono: 988783060

UNHA SEMANA MÁIS

Unha semana máis, xa con novidades que nos axudan a continuar: saídas, paseos...

tentando voltar pouco a pouco á normalidade, aínda que sexa un pouquiño diferente.

Nestes días, aprendestes moitas cousas.

Ademais das tarefas que dende o cole, día a día, os mestres comparten con todos e todas vós,

sabemos que son moitas máis as cousas que fixestes nestes días: aprendestes a ser pacientes, a colaborar, a valorar

o sentido das cousas, a respectar as normas, a desenvolver a vosa creatividade, saístes a aplaudir sabendo o significado dos aplausos...

unha infinidade de cousas que nunca esqueceredes.

 

Hoxe, compartimos algunha actividade que nenos e nenas do cole fixeron nestes días e que reflexan un pouquiño todas estas experiencias:

 

Libros de María Carreño - 4ºA


 

Cartas enviadas por alumnos de 5ºA e 5ºB

OS MAIOS

OS MAIOS

 

Estimados nenos,nenas e familias, comezamos un novo mes, un novo reto, un novo avance.

Xa saimos as rúas, e ainda que queda un pouquiño para retomar a normalidade, podemos recordar que este fin de semana, celébrase a festa dos Maios, e podemos contribuir á celebración da festa , facendo o noso propio maio e decorándoo con cousiñas que teñamos na casa: sementes, cascas de ovo, boliñas de papel de seda, froitos secos,tamén con cousas recicladas : teas , fios de lá, tapóns, botóns....

No seguinte enlace de “Aulas Galegas”, atoparedes cantidade de recursos para desfrutar da nosa festa tradicional dos Maios.

 

https://aulasgalegas.org/?s=os+maios

Boa finde!

Continuade así, facéndoo tan ben yes

 

RECURSOS

RECURSOS

Estimadas familias, ante todo, desexar que todos e todas estedes ben.

Os esforzo e compromiso de todos e todas nós, está merecendo a pena.

Ánimo, nenos e nenas, nos vosos paseos diarios, que seguro estades facendo cumprindo todas as normas de seguridade,e  unha vez máis dando exemplo do voso saber facer.

Ánimo!!!

Nos seguintes enlaces, podedes consultar instruccións sobre o uso dos recursos  dixitais que nestes momentos estamos a utilizar coas familias e alumnado.

Calquera dúbida, seguimos á vosa disposición

 na dirección de correo electrónico: ceip.couto@edu.xunta.es


 e no número de teléfono : 988 78 30 60

 

CISCO - WEBEX - Vídeochamadas

 

Espazo Abalar móbil


 


 

Máis info en Enlaces:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Ánimo!

ÁNIMO!!!

Queridos nenos e nenas, moito ánimo un día máis, e moitos parabéns polo voso comportamento, esforzo e  ilusión a pesar de todo.

Xa queda pouco para que poidades sair , ainda que a situación vai ser moi diferente, estamos seguros de que saberedes facelo moi ben, cumprindo as medidas de seguridade tan necesarias para todos e todas nos en estes momentos.

Sodes uns campeóns, un exemplo para todos e todas nos.

Dende o voso cole, estamos moi orgullosos e orgullosas.

No día de hoxe, a Policía Nacional ,que tanto vela pola nosa seguridade, quere compartir con todos e todas vós, un vídeo especial: 

 “Si nos necesitas, Cuenta con Nosotros”

  https://youtu.be/HxTr-4-qlPY

 

E un diploma, tan merecido, polo voso esforzo.

 

23 de abril - DÍA DO LIBRO

23 de Abril  Día do Libro

Iniciamos unha semana moi especial.

Como cada ano,  o 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, data simbólica elexida pola UNESCO pola coincidencia na morte de dous grandes escritores: Shakespeare e Cervantes.

No día de hoxe, adicamos a nosa páxina a esta celebración, porque os libros están a ser importantes nestes momentos, porque nos axudan a pasar bos momentos, porque con eles aprendemos, porque nos acompañan...

Animámosvos a achegarvos ao noso recuncho da biblioteca, e disfrutedes de todas as actividades, hoxe e sempre.

E para todos vós, un regalo, en mans de Sabela Gago, coa que temos compartido tan bos momentos perdéndonos no immenso mundo dos seus contos.

Dende aquí o noso agradecemento

 

 

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031