LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS/EXCLUÍDOS FONDO SOLIDARIO

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2019-2020.

 

Listaxe provisional

 

CORRECCIÓN DE ERROS - ISBN - LIBROS DE TEXTO 2019-2020

 

AVISO IMPORTANTE: Para o libro de 6º de Infantil (5 anos), 2º trimestre - Retos, da Editorial Anaya,

o ISBN correcto é:  978-84-698-3077-2

VOCEIRO 2019

Xa temos dispoñible a última edición do noso xornal escolar, o VOCEIRO 2019 !!

 

 

Podes velo aquí abaixo...

Ou descargar o PDF no seguinte enlace:

VOCEIRO 2019 (en PDF)

 

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020

VÍDEO DA NOSA EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA - 2019

 

Se non tes tempo de pasarte polo colexio, aquí podes ver un vídeo que fixemos para ti.

 

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA

 

Continúa aberta a Exposición Etnográfica (ata o 7 de xuño, polas tardes de 16h a 18h) que entre toda a comunidade educativa recompilou máis de 300 obxectos. 

O Día das Letras Galegas 2019 estivo adicado a Antón Fraguas, que entre outros temas, centrouse na etnografía e foi fundador do Museo do Pobo Galego. No colexio aproveitamos este tema para facer esta exposición que nos faga coñecer e lembrar obxectos que caeron en desuso co paso dos anos.

A Televisión de Galicia adicounos uns minutos o pasado 28 de maio. Aquí podedes ver o vídeo

 

 

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

O prazo é dende o día 21 de maio de 2019 ao 21 de xuño de 2019.

A solicitude poderá recollerse na secretaría do centro ou acceder á solicitude na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/).

As persoas solicitantes presentarán a solicitude e orixinal e copia do Libro de Familia e a documentación que corresponda, se é o caso, na secretaría do centro onde onde vai cursar os estudos durante o ano académico 2019/2020.

 

Toda a información nos seguinte enlaces:

FONDO SOLIDARIO/AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA CURSO 2019-2020

Publicación no DOG - Orde 3 de maio de 2019 - Publicada a 20 de maio de 2019

 

DÍA NON LECTIVO

 

Lembramos que o vindeiro 20 de maio (luns) será NON LECTIVO no noso centro.

 

Dacordo co artigo 7, punto 2 da ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL 2019-2020

 

Neste enlace podedes consultar a listaxe DEFINITIVA de alumnos/as admitidos en 4º Educación Infantil para o curso 2019-2020

5º e 6º DE PRIMARIA POLA DEFENSA DO PLANETA E CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

O ​Xoves 11 de abril​ terá lugar na Praza Maior a partir das 12:15 H e ata as 13:30 un evento extraordinario organizado polo noso cole: ​

 

SING FOR THE CLIMATE .

● Cantaremos polo clima e o Planeta seguindo as pegada de Greta Thunberg, a nena sueca que dicidiu concienciar a especie humana da situacion catastrófica que vive a Terra pola actuación criminal e irresponsable desa mesma especie.

● Na clase se Inglés no CEIP O COUTO dicidimos  deixar de esperar, deixar de mirar, deixar de confiar nos outros  nos adultos ,nós poderosos, nós gobernos … e poñernos en marcha nós mesmos. Para concienciar, para animar, para esixir, para xunguir forzas , para loitar e dicidimos empezar CANTANDO.

● E para ser moitos na loita e gozar da emoción d loitar xuntos dicidimos convidar a outros coles da cidade. E ACEPTARON!!!

● E o xoves imos estar arredor de 500 rapaces e rapazas da cidade na Praza Maior cantando, expoñendo traballos, lendo e sobre todo berrando, facéndonos visibles, facendo visible a situación medioambiental e a irresponsabilidade e pouca cabeza do servizo humano sobre o Planeta. 

 

● ESTADES TODOS CONVIDADOS A CANTAR E REIVINDICAR CONNOSCO!!! 

 O ACTO DESENVOLVERASE EN ​GALEGO ​E EN ​INGLÉS. 

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031