Hoxe fai unha semana...

Hoxe fai unha semana que deixamos o cole. Estamos moi orgullosos de todos e todas vos.

Sabemos que non é fácil, pero tamén sabemos que o estades a facer moi ben.

Sabemos que dia a dia saídes ao balcón para apoiar cos vosos aplausos e dar ánimos a todas as persoas que están a traballar para que todo sexa un pouquiño mais fácil.

Noraboa!

 

Hoxe deixamos un modelo para que os que non o fixestes, decoredes a vosa ventá cunha linda mensaxe:

Arco da vella

E como ven o fin de semán, propomos unhas lecturas de Eloy Moreno  “Cuentos para quedarse en casa”

Cuentos casa

 

Boa finde a todos, ata o luns e moito moito ánimo e moitos e moitos sorrisos !

Aunando esforzos

Un día máis, seguimos aunando esforzos para entre todos apoiarnos e seguir adiante.

 

Sentímonos orgullosos e orgullosas deses nenos e nenas que día a día se esforzan , nenos e nenas que nestes momentos difíciles, fanse grandes.

 

Moito ánimo, rapaces, non vos desanimedes, todo esforzo merece a pena, e non vos olvidedes de sonreir día a día como tan ben sabedes facelo.

Noraboa familias, e moito ánimo tamén.

 

Hoxe, buscaremos un momentiño para cantar en familia esta canción de Rozalén titulada “VIVIR” e que di:

 

“Y si miro a todo como niños
Los colores son intensos
Yo saldré de aquí

 si ,lo creo así”

 

http://youtu.be/iqHb7Wan98E

 

Non vos esquezades de revisar as actividades “coronavirus” que están aquí a dereita, e as que vos recomendan os mestres, e recorda:

 

  • Lava sempre as túas mans
  • Fica na casa!  

 

RECOMENDACIÓNS

A todas as familias e a todo o noso alumnado, moito ánimo nestes días nos que temos que aunar esforzos para contribuir a que este paréntesis remate o antes posible.

Seguindo os protocolos e instruccións,non se poderá acceder ao colexio durante este tempo.

 

Estamos a vosa disposición para calquera dúbida a través do noso correo electrónico

ceip.couto@ edu.xunta.es

A través da nosa páxina web, informaremos das noticias relevantes que vaian xurdindo.

Utilizaremos tamén a nosa páxina para aportar ideas e alternativas para traballar cos nosos nenos e nenas durante este proceso.

Ánimo !

 

Ademáis das distintas actividades e enlaces que podedes consultar en "Actividades Especial Corentena" aquí á dereita, e das recomendacións que recibides a través de Abalar, correo electrónico ou whatsapp, tamén deixamos aquí unha serie de enlaces xerais para toda a Comunidade Educativa:

 

El coronavirus, información para nenos:

 

 

Recomendacións para estes días:

  • Manter constantemente o hábito de lavar as nosas mans
  • Establecer rutinas diarias en canto a horarios de traballo, sono e alimentación.
  • Establecer horarios de manexo da televisión e outras tecnoloxías. MOI IMPORTANTE!!!!!!!
  • Fomentar hábitos de colaboración nas tarefas de casa
  • Proporcionar tempos de xogos en común.
  • Dedicar un tempo diario á lectura.
  • Xogos de mesa
  • Ver películas en familia: en galego, castelán e inglés
  • Fomentar a creatividade nos nenos e nenas: bailar, debuxar, facer manualidades, cantar ….

PROPOSTA PARA TRABALLAR NA CASA E FACER UNHA EXPOSICION CONXUNTA Á VOLTA:

  • Escribir un diario titulado:   “Mentres quedei na casa”
  • Facer un álbum de fotos de estes días.
  • Facer manualidades diferentes que reflexen como vivimos esta experiencia.

Este tipo  de actividades creativas poden formarán parte dunha exposición no noso centro ó noso regreso:    

 

                                      “Mentres quedei na casa”

 

Para os mais peques (Infantil):

  • Fomentar hábitos de autonomía: vestirse sós, recoller despois de xogar, comer sos, fomentar o dialógo, que se expresen, que conten…
  • Actividades de colorear, pintar, recortar.

Algúns enlaces de interés:

 https://www.rtve.es/educlan/

 http://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/

 https://youtu.be/t8748OWc1nQ   (ioga para nenos)

 http://arbolabc.com/

 http://clic.xtec.cat/repo/

 https://www.mundoprimaria.com/

 http://www.matematicasonline.es/pequemates/infantil/pequetic/index.html

 

Actividades de educación física:


http://educacionfisica-ana.blogspot.com/p/juegos-reciclados.html   

http://www.educacionfisicaenprimaria.es/blog-de-patio/elaborando-tu-propio-material

http://educacionfisicaprimariateruel.blogspot.com/p/fichas-para-imprimir.html 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Durante os vindeiros días iremos publicando nesta web toda a información que afecta ao nivel educativo. 

Os distintos titores, mestres e mestras xa se están a por en contacto coas familias para ver a maneira de ter unha comunicación fluída, e tamén sobre distintas actividades e tarefas que poden levar a cabo os rapaces e rapazas nestes días. 

Algunhas actividades tamén serán publicadas nesta web. 

AMPLIACIÓN PRAZO DE ADMISIÓN

Amplíase o prazo de admisión 2020-21 durante unha semana despois do reinicio das clases, para entrega de documentación no Centro.

Mentres, do 16 ao 30 de marzo, as solicitudes pódense entregar de modo telemático no seguinte enlace:  http://edu.xunta.es/admisionalumnado

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ANUNCIA QUE DESDE O LUNS 16 DE MARZO AO 29 DE MARZO (AMBOS INCLUSIVE) NON HABERÁ ACTIVIDADE LECTIVA NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA. 

 

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

Máis información no Portal Educativo da Xunta de Galicia -> https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus 

Resolución do 12 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade -> DOGA 12 marzo 2020-bis (excepcional)

Todas as novidades informativas que se vaian producindo, serán publicadas nesta Web. 

RESERVA PRAZA NO I.E.S. O COUTO

O IES "O Couto" comunica que todo o alumnado (de 6º de Primaria do CEIP "O Couto") solicitante de praza para 1º ESO no IES "O Couto" para o curso 2020-2021 ten xa garantida dita praza. 

Se supera o 6º curso de Primaria deberá FORMALIZAR a MATRÍCULA no período 25 de xuño - 10 de xullo de 2020.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-21

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

 

Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
 

VACANTES NO CEIP "O COUTO" CURSO 2020/2021

 

Cursos

Unidades

Postos escolares

Vacantes ofertadas

NEEAE

4º Infantil

2

50

50

6

5º Infantil

2

50

8

0

6º Infantil

2

50

7

0

1º Primaria

2

50

1

6

2º Primaria

2

50

3

0

3º Primaria

2

50

2

0

4º Primaria

2

50

2

0

5º Primaria

2

50

0

0

6º Primaria

2

50

2

0

 

CALENDARIO ADMISIÓN CURSO 2020/2021

 

Prazos
Do 1 ao 20 de marzo de 2020, ambos incluídos.

 

Documentación
Documentación que se debe presentar na secretría do CEIP O Couto para formalizar a solicitude de admisión:

1-  Solicitude - Anexo II. (A. 14) --> Modelo de solicitude de admisión 

2-  Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros computables da unidade familiar (só cando estes deneguen a súa consulta)  (A. 16.1)

3-  Certificado de matrícula expedido polo centro no que cursa estudos actualmente. (A. 16.1).

4- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, onde conste a custodia do menor, se é o caso.

IPREM --> Criterios para cálculo de IPREM

LETRAS DESEMPATE --> Resolución para determinar as letras de desempate

 

Criterio complementario: 1 punto por ter irmáns no CEIP O Couto. Acreditarase presentado orixinal e copia (de todas as páxinas escritas) do libro de familia.

 

 

Calendario:

 

Do 25 de marzo ao 7 de abril de 2020, ambos inclusive (sempre que a demanda supere a oferta de prazas):

O 21 de marzo, nesta mesma páxina, indicaranse aqueles cursos nos que se superou a demanda.

As persoas que reciban o aviso de tal circunstancia, poderán achegar, voluntariamente, a  documentación acreditativa dos criterios de baremo que indicaron na solicitude de admisión (nos casos de renda, domicilio fiscal, familia numerosa ou discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só cando deneguen a súa consulta).

 

24 de abril de 2020:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución provisional do alumnado admitido e non admitido (as persoas interesadas no procedemento poderán consultar na secretaría do centro as puntuacións desagregadas dos criterios de baremo).

A resolución provisional poderá recorrerse perante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da resolución provisional ( dende o 25 de abril ao 4 de maio)

 

14 de maio de 2020:

Publicarase no taboleiro de anuncios e nesta páxina web a resolución definitiva do alumnado admitido e non admitido .

Contra a resolución definitiva poderase interpór recurso de alzada ante o/a Xefe/a Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Importante:

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma implicará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que presente solicitude de admisión neste CEIP O Couto, deberá comunicalo ao centro no que actualmente cursa estudos.

 

Área de influencia do centro:

Comprende a Estrada Madrid-Vigo dende o río Miño ata a altura da rúa da Menta, rúa da Menta, rúa das Meigas, camino do Lobishome, avda. de Portugal ata confluencia coa rúa Irmáns Xesta, rúa Irmáns Xesta, marxe esquerda do río Barbaña dende a rúa irmáns Xesta ata avenida de Prdo de Cela, avda. de Pardo de Cela ata a Ponte , avda. da Ribeira Sacra dende avda. Pardo de Cela ata confluencia coa estrada Madrid-Vigo. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP Vista Hermosa, CEIP Manuel Luis Acuña, CEIP As Mercedes, CEIP Curros Enríquez e CEIP A Ponte.

 

Servizos complementarios ofertados

Comedor e acollida temperá diarios ofertados e xestionados pola ANPA (anpacouto@yahoo.es) Teléfono 615027076

 

 

MATRÍCULA: O prazo é do 20 de xuño ao 30 de xuño de 2020

 

Xornada de Portas Abertas

20/02/2020 17:00

 

O vindeiro 20 de febreiro ás 17 horas teremos unha Xornada de Portas Abertas no noso colexio (Edificio Rampa de Sas).

Agardámosvos !!

Para quen o necesite, teremos actividades para nenos/as na aula de Infantil (3 anos) durante o xornada de Portas Abertas.

 

 

 

 

 

Visita Papá Noel

 

 

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031