Consello escolar
Resultados das eleccións para renovar o Consello Escolar
Enviado por admin o 20 Novembro, 2024 - 11:27A Xunta Electoral do CEIP O Couto, reunida o día 20 de novembro de 2024, e tras a comprobación das actas dos escrutinios da elección do día 19 de novembro, proclama como candidatos/as elexidos para o novo Consello Escolar a:
-
Profesorado:
-
Manuela Cid Montero 26 (vinteséis) votos
-
Josefa Vila Fernández 18 (dezaoito) votos
-
Milagros Lozano Fernández 14 (catorce) votos
-
Pais/nais
-
Beatriz Palanca Pérez 13 (trece) votos
-
Chiara Lazzaretto 11 (once) votos
-
Persoal non docente
-
Isabel Ortiz Novoa 4 (catro) votos
A acta completa pódese consultar no arquivo adxunto aquí abaixo.
Lista de candidatos ao Consello Escolar
Enviado por admin o 8 Novembro, 2024 - 14:23A Xunta Electoral reunida o día 6 de novembro confirma a lista de candidatos para a renovación do Consello Escolar nos distintos sectores. Publicamos a acta da reunión (abrindo o documento adxunto aquí abaixo), onde tamén se confirman as/os nais/pais que sairon elexidas para a mesa electoral do día 19 de novembro.
-
Sector nais, pais e titores legais do alumnado:
1.- Eva Amorín Díaz
2.- Chiara Lazzaretto
3.- Beatriz Palanca Pérez
-
Sector do Profesorado:
1.- Manuela Cid Montero
2.- María Elisa González Pedreira
3.- Milagros Lozano Fernández
4.- Josefa Vila Fernández
-
Sector persoal administrativo e de servizos
1.- Isabel Ortiz Novoa
A campaña electoral abrangue desde o día 8 de novembro ata o 17 de novembro inclusive. As eleccións terán lugar o 19 de novembro, martes.
Convocatoria de Eleccións ao Consello Escolar
Enviado por admin o 22 Outubro, 2024 - 20:29O 22 de outubro de 2024 foi constituida a Xunta Electoral que se encargará do proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar do CEIP O Couto.
Os acordos tomados incluén a elaboración dun calendario electoral coas seguintes datas:
- Convocatoria de eleccións para o día 19 de novembro de 2024. Horario de votación: Entre as 9 h e as 16:30 h para as familias. Para o profesorado, en Claustro Extraordinario o 19 de novembro ás 18 horas. E tamén o 19 de novembro, para o Persoal non Docente.
- Apertura de presentación de candidaturas para os distintos sectores entre o 23 de outubro e o 5 de novembro (ambos inclusive). As candidaturas preséntanse na secretaría do centro en Rampa de Sas, en horario de 9h a 14h.
- Publicación do censo de electores (do 23 ao 30 de outubro). Pódese consultar no taboleiro informativo do centro e tamén pode ser consultado vía telefónica (en horario de 9h a 14h).
- Anuncio de sorteo público para a composición da mesa electoral de nais/pais/titores legais, que será efectuado o 6 de novembro ás 11.30 no edificio de Rampa de Sas.
Adxuntamos aquí os documentos oficiais coas distintas convocatorias nos distintos sectores que conforman o Consello Escolar.
Eleccións ao Consello Escolar - Anuncio de sorteo para a Xunta Electoral
Enviado por admin o 27 Setembro, 2024 - 10:06RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS
Comunicámoslles, que segundo o establecido na resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 18/09/2024), o vindeiro 4 de outubro de 2024 realizarase neste centro o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral ás 11:30 no salón de actos.
A Xunta Electoral ten a función de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, que estará integrada pola directora do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor legal e un representante do persoal non docente.
Ourense, 27 de setembro de 2024
A directora
Resultados eleccións Consello Escolar
Enviado por admin o 30 Novembro, 2022 - 12:32A Xunta Electoral reuniuse o 30 de novembro para revisar as actas dos escrutinios e aprobar os seus resultados.
Polo sector do profesorado había 2 vacantes que cubrir e os candidatos con máis votos foron: Inés Losada Alonso e Aránzazu Rodríguez Blanco.
Polo sector de nais/pais/titores legais había 3 vacantes que cubrir e as candidatas seleccionadas foron (por orde de votos): Patricia Suárez Rodicio, Esmeralda Vázquez Deus e Lourdes Díaz Díaz.
A representante da ANPA, Chiara María Lazzaretto confirmou a súa continuidade no Consello, ao igual que a representante do Concello, Delfina Lage Fernández.
A Xunta Electoral dá traslado das copias das actas á Xefatura Territorial da Consellería en Ourense.
Nos vindeiros días, a dirección do centro convocará a todo o Consello Escolar para a pertinente reunión de constitución.
A acta completa da reunión está aquí adxunta:
Reunión Xunta Electoral
Enviado por admin o 18 Novembro, 2022 - 13:26A Xunta Electoral reuniuse o 17 de novembro para, entre outros temas, aprobar as candidaturas presentadas para as eleccións do día 29 de novembro.
Candidaturas sector nais/pais/titores legais:
1.-Lourdes Díaz Díaz
2.-Patricia Suárez Rodicio
3.-Esmeralda Vázquez Deus
Candidaturas sector profesorado
1.- María Margarita Bastos Rodríguez
2.- Inés Losada Alonso
3.- María Dolores Prieto Álvarez
4.- Aránzazu Rodríguez Blanco
Para o sector de nais/pais/titores legais o horario de votación será o 29 de novembro entre as 9h e as 16:30h.
Cada papeleta terá o nome das candidatas (por orde alfabética) e terán que sinalar un máximo de 2 candidaturas.
Podes consultar aquí a acta completa da reunión da Xunta Electoral.
Convocatoria Eleccións Consello Escolar - Sector Profesorado
Enviado por admin o 4 Novembro, 2022 - 09:42ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR 2022
Enviado por admin o 2 Novembro, 2022 - 13:23CONVOCATORIA
De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, (DOG de 30 de setembro), da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar deste Centro. Outro representante de pais/nais é proposto pola ANPA do centro. O outro representante está nestes momentos nomeado ata 2024.
1.1. Os/as 3 candidatos/as con máis votos serán nomeados por un período de 4 anos (ata 2026).
1.2. Os restantes candidatos, ordenados por número de votos, formarán unha lista para posibles sustitucións en caso de que algún membro causase baixa no Consello.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que desde o día 3 de novembro estará exposto no taboleiro de anuncios e tamén poderá ser consultado telefónicamente (988 78 30 60). As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 h do día 10 de novembro de 2022.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio.As candidaturas poderán ser presentadas dende o día 3 ata o día 10 de novembro de 2022 na secretaría do centro en horario de 9:00 h. a 14:00 h.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 17 de novembro, ás 11:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 18 ao 27 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento do centro. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- As votacións realizaranse neste Colexio, no edificio situado en Rampa de Sas, o día 29 de novembro de 2022, de 09:00 h a 16:30 h. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 08:50 h.
7.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
8.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.
9.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
Todas as novas referidas ao proceso electoral serán publicadas na páxina web do centro
Ourense, 2 de novembro de 2022
A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
María Pérez Laso
Renovación Consellos Escolares - Sorteo Xunta Electoral
Enviado por admin o 7 Outubro, 2022 - 10:18RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS
Comunicámoslles, que segundo o establecido na resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022), o vindeiro 14 de outubro de 2022 realizaranse neste centro os sorteos públicos para a constitución da Xunta Electoral ás 11:30 no salón de actos.
A Xunta Electoral ten a función de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, que estará integrada pola directora do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor legal e un representante do persoal non docente.