Renovación Consellos Escolares - Sorteo Xunta Electoral
RENOVACIÓN DOS CONSELLOS ESCOLARES DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS
Comunicámoslles, que segundo o establecido na resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022), o vindeiro 14 de outubro de 2022 realizaranse neste centro os sorteos públicos para a constitución da Xunta Electoral ás 11:30 no salón de actos.
A Xunta Electoral ten a función de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, que estará integrada pola directora do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor legal e un representante do persoal non docente.