Becas Concello de Ourense

BECAS CONCELLO DE OURENSE

Convocadas polo Concello de Ourense, becas para axudas de libros, material escolar e comedores escolares.

Información no seguinte enlace:

Convocatoria de axudas

As tramitacións realízanse no Concello de Ourense ou no enderezo electrónico - Sede electrónica do Concello de Ourense

Prazo aberto do 22 de xuño ao 13 de xullo

Lista de Libros de Texto 2020-21

Listado de Libros de Texto para o curso 2020-21. 

* Lembramos ás familias que solicitaron a súa participación no fondo solidario de libros de texto, que deberán esperar á resolución da lista definitiva para saber que libros corresponden a cada neno.

 

Felices Vacacións

Chega o final de curso, un final especial, diferente e merecido.

Gracias a toda a comunidade educativa: nenos, nenas, familias, profesores, profesoras, conserxes, administrativa, persoal de limpeza… polo esforzo levado a cabo neste proceso que nos tocou compartir.

Cando todos xuntos remamos nunha mesma dirección en aras dun obxectivo común, o resultado sempre nos satisface.

Verémonos pronto

Deixamos as actividades da coarentena na Web durante todo o verán.

Disfrutade da lectura cos recursos da nosa biblioteca virtual.

Estaremos no cole para calquera dúbida ou aclaración no 988 78 30 60

Moitas grazas!

Feliz verán!

 

Libros para o Verán

Biblioteca Virtual

Mensaxe da profe Pepi

Gracias Pepi…

Queremos adicar a nosa páxina de hoxe a Pepi, mestra e compañeira do cole, que despois de moitos anos dedicados ao ensino, remata a súa traxectoria, co orgullo e satisfacción do traballo ben feito.

Foi para todos e todas nós un previlexio , agradecemos o teu cariño e entrega, que sen dúbida definen a túa labor.

Gracias Pepi!

O noso cole é o teu cole

Este vídeo, da súa parte, está adicado a todos nós: nenos, nenas, familias, compañeiros, compañeiras….

 

Informacións Fin de Curso

Listaxes Provisionais de Admitidos para o Curso 2020/2021

 

Anunciamos a publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos no noso centro para o Curso 2020/2021.

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar no taboleiro de anuncios do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono ( 988 - 78 30 60 )

Tamén é posible na propia aplicación da Consellería:

https://edu.xunta.es/admisionalumnado/

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude. 

As reclamacións pódense realizar os días 9, 10 e 11 de xuño.

A listaxe DEFINITIVA sairá publicada o 26 de xuño. 

 

Unha semana máis é unha semana menos


As nenas e nenos de 4º tamén agradecen o labor de tanta xente imprescindible nesta situación. Grazas polo voso traballo!

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031