Información

Estimadas familias:

 

Como xa vos informamos, no día de hoxe, aconteceron novas no noso centro que nos levaron a tomar medidas extraordinarias.

Queremos informar para a vosa tranquilidade que todas as decisións que se tomen nestes momentos,e noutros que poidan xurdir , están respaldadas e instruidas tanto por Educación como por Sanidade.

É prioritario no centro por parte de todos e cada un de nós, garantir a seguridade dos vosos fillos e fillas, así como de todo o persoal, para o cual estamos cumprindo con todas as medidas establecidas nos protocolos de educación e sanidade.

Non é a primeira vez que temos a oportunidade de demostrar que a colaboración de todos e todas é fundamental para facer frente a determinado tipo de situacións.

Como profesionais da educación, estamos aunando esforzos que nos levan a tarefas alleas ao noso ámbito de actuación pero que tentamos facer o mellor posible polos nosos nenos, nenas, familias, compañeiros e compañeiras.

Confiamos na responsabilidade das familias para facer o cumprimento das medidas de protección (enquisa de autoavaliación de síntomas diaria, non enviar aos nenos ó centro en caso de sintomatoloxía compatible ao COVID…)  e dende o centro estamos á vosa disposición para calquera dúbida a través das canles habituais.

988783060

ceip.couto@edu.xunta.es

Recordamos a importancia de revisar a nosa páxina web, así como ter descargada a aplicación Abalar móbil.

Un saúdo

Moitos ánimos e Gracias

Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031